Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Tradutor de Google aspira a converterse en intérprete e profesor de idiomas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Tradutor de Google aspira a converterse en intérprete e profesor de idiomas

Redacción
Publicado: 26/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

translate_with_ai.width-1600.jpgGoogle asegura que cada mes traducen preto dun billón de palabras a través do seu Tradutor, da Busca e doutras ferramentas como Lens ou Circle to Search, e que grazas á intelixencia artificial agora é posible ofrecer unha experiencia máis natural e adaptada ás necesidades dos usuarios. Neste contexto o Tradutor de Google dá un novo salto evolutivo coa incorporación de dúas funcións deseñadas para facilitar tanto a comunicación en tempo real como a aprendizaxe de idiomas.
Unha das novidades máis destacadas é a tradución de conversas en directo, dispoñible xa en máis de 70 idiomas, entre os que non falla o galego. A función permite manter un diálogo fluído entre dúas persoas, con audio e transcrición en pantalla, detectando automaticamente pausas, acentos e entoacións. O sistema está pensado para contextos reais e complexos, como aeroportos con moito ruído ou cafés ateigados, e chega primeiro a usuarios de EE.UU., India e México.
Xunto a esta mellora, o Tradutor de Google estreará tamén unha ferramenta de práctica personalizada para quen queira mellorar a súa competencia lingüística. Trátase dunha resposta á demanda dos usuarios, que identifican a conversa como a parte máis difícil de dominar cando aprenden un novo idioma. A nova opción permite configurar o nivel e os obxectivos de aprendizaxe para xerar sesións interactivas de escoita e fala que se adaptan de forma dinámica ás capacidades de cada usuario. Os exercicios están deseñados con asesoramento de expertos en aprendizaxe e permiten seguir o progreso diario.
O programa piloto estará dispoñible esta semana en versión beta para Android e iOS. Nun primeiro momento poderán utilizalo falantes de inglés que practiquen español e francés, así como falantes de español, francés e portugués que practiquen inglés, o que podería supor unha seria ameaza a servizos como Duolingo.
Estas melloras son froito dos avances nos modelos de IA e machine learning, que permitiron mellorar a calidade da tradución, incorporar novas capacidades multimodais e perfeccionar o sistema de voz. O obxectivo é superar a simple tradución literal para ofrecer unha ferramenta que axude a comprender, aprender e manter conversas con maior confianza.


Así funciona a nova tradución en tempo real de Google

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?