Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WhatsApp estrea un asistente de escritura (en inglés)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WhatsApp estrea un asistente de escritura (en inglés)

Redacción
Publicado: 27/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

538394912_1320274072924216_71666.jpgMeta anunciou unha nova funcionalidade en WhatsApp chamada Writing Help, pensada para axudar os usuarios a atopar o ton axeitado nas súas mensaxes. A idea é sinxela: moitas veces sabemos o que queremos dicir, pero non como expresalo. Writing Help propón alternativas de redacción en distintos estilos (profesional, divertido ou solidario) que se poden aceptar, editar ou combinar para dar coa fórmula perfecta.
O acceso é moi doado: abonda con comezar a escribir unha mensaxe nun chat individual ou de grupo e premer na nova icona de lapis. Deste xeito, achégase unha función de asistente de escritura mediante IA coa que conta moitos móbiles de alta gama a practicamente calquera teléfono que teña WhatsApp instalado, popularizando unha tecnoloxía que algúns considerarán práctica.
Meta asegura que a función é completamente privada grazas á tecnoloxía de Private Processing, que permite empregar a súa IA sen que nin WhatsApp nin a propia empresa teñan acceso ao contido da mensaxe orixinal nin ás suxestións xeradas. Para reforzar a confianza, o desenvolvemento contou coa colaboración da comunidade de seguridade e foi sometido a auditorías independentes de NCC Group e Trail of Bits, cuxos informes tamén se fixeron públicos.
Writing Help, que chega de xeito opcional e está desactivado por defecto, estreouse en inglés nos Estados Unidos e noutros países seleccionados, con plans de ampliación a máis linguas e rexións ao longo deste ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?