Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo plan de formación do profesorado reforza en áreas como a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo plan de formación do profesorado reforza en áreas como a IA

Redacción
Publicado: 28/08/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250828_profesorado_x-2.jpgO Plan anual de formación do profesorado da Xunta experimenta este curso un incremento próximo ao 10 %, con especial atención ao reforzo das matemáticas, a lectura, a inclusión e a intelixencia artificial. A programación inclúe 6.381 actividades, 135.299 horas de formación e un total de 133.699 prazas. “O que supón que cada docente dispón dunha media de catro prazas para mellorar a súa cualificación profesional e seguir dando a mellor formación ao alumnado”, destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a presentación.
O responsable educativo explicou que, en coherencia co novo decreto de formación permanente que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, “a planificación deste curso aposta por avanzar nunha formación personalizada, a medida do que os docentes precisan para dar resposta aos novos retos do ensino do século XXI”. Engadiu que se prioriza o desenvolvemento das competencias matemática, lectora e dixital, “en liña co Plan MEGA de mellora educativa de Galicia”. Tamén se renovan os itinerarios do programa E-Dixgal “co obxectivo de reforzar o modelo híbrido de aprendizaxe”, así como as accións ligadas á intelixencia artificial.
250828_profesorado_x-5.jpg “No que atinxe á FP –afirmou o conselleiro– seguimos apostando por accións que favorezan o contacto do seu profesorado coa realidade do tecido produtivo, a intelixencia artificial e as tecnoloxías emerxentes, sen esquecer o papel fundamental destas ensinanzas na redución do abandono escolar e a importancia das linguas estranxeiras”.
O plan estrutúrase en dúas grandes áreas: a formación xeral e a específica para o profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial. No primeiro caso, recóllense seis liñas prioritarias e 25 itinerarios que abranguen desde didáctica, innovación ou convivencia ata comunicación e plurilingüismo. Como novidades, destacan os itinerarios centrados nas competencias matemática e lectora, o novo deseño da formación dixital con uso da intelixencia artificial, a actualización do programa E-Dixgal e o reforzo dos Polos Creativos.
Tamén se renova a formación destinada a novos docentes e equipos directivos, con énfase na mentorización e no uso da intelixencia artificial. No ámbito da inclusión, programaranse actividades sobre accesibilidade, apoio condutual positivo e atención ao alumnado con necesidades específicas como TEA, TDAH ou altas capacidades.
No que respecta á FP, ofértanse 991 actividades repartidas en seis áreas de actuación, con especial atención aos novos módulos derivados da Lei 3/2022, ás competencias lingüísticas profesionais (a través do proxecto VETINEN con aprendizaxe de inglés mediante IA) e ás tecnoloxías emerxentes, incluíndo internet das cousas, realidade virtual e aumentada. Prevese ademais a realización de 185 estadías en empresas e un paquete de accións de orientación vinculadas ao Plan FPGal360.
O conselleiro fixo balance do curso pasado: “no que se formou o 87 % do profesorado de Galicia, un total de 33.211 docentes”. Cada un deles realizou arredor de tres actividades, con 60 horas de formación de media. En total foron 5.876 accións, 124.751 horas e 82.432 certificacións emitidas. Tamén lembrou que xa son 34.202 os docentes que acreditaron a súa competencia dixital, “o 79 % deles nos niveis intermedios e altos (de B1 a C2)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?