Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta fai balance da certificación en competencias dixitais (Comdix) para a cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta fai balance da certificación en competencias dixitais (Comdix) para a cidadanía

Redacción
Publicado: 01/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250901_pte_consello_reunion_dcs_04.jpgA Administración galega vén de facer balance da súa oferta de formación gratuíta en competencias dixitais co obxectivo de mellorar a empregabilidade da poboación galega, tal e como presentou esta mañá no Consello da Xunta. Preto de 2.000 persoas contan xa co Certificado galego de competencias dixitais (Comdix), que acredita ante entidades públicas e privadas os coñecementos e habilidades necesarias para manexar as tecnoloxías dixitais.
No último ano convocáronse seis probas de nivel iniciación e intermedio a través das aulas CeMIT, ás que se presentaron 2.500 persoas. Destas, 1.569 superaron o nivel inicial e 351 o intermedio. A maior parte dos certificados obtivéronos mulleres de entre 45 e 65 anos. No último trimestre do ano haberá novas convocatorias, que se anunciarán no Diario Oficial de Galicia no mes de setembro.
Co fin de preparar estas probas, a cidadanía dispón de itinerarios formativos en liña a través da Rede CeMIT, tanto en modalidade de autoformación como con titorización. Engádese ademais unha nova opción de curso titorizado con avaliación continua, que permitirá acadar a acreditación ao superar o programa.
A rede de aulas CeMIT serve de apoio tanto para a formación como para a realización das probas presenciais. Para iso, formouse previamente o persoal das aulas e das entidades colaboradoras, e desde 2023 máis de 220 formadores xa contan coa súa acreditación nos niveis abertos á cidadanía.
O marco galego de competencias dixitais, aprobado en 2021 e inspirado no modelo europeo, establece catro niveis progresivos (desde iniciación ata especializado) para favorecer a aprendizaxe continua, mellorar a empregabilidade e facilitar a participación activa na sociedade dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?