Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Multa a Google por inserir publicidade en Gmail
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Multa a Google por inserir publicidade en Gmail

Redacción
Publicado: 04/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eninfographics_inbox_advertiseme.jpgA Comisión Nacional de Informática e Liberdades (CNIL), a autoridade francesa de protección de datos, impuxo o 1 de setembro unha sanción histórica de 325 millóns de euros a Google por vulnerar a lexislación francesa en materia de privacidade e publicidade electrónica.
Segundo a resolución do comité restrinxido da CNIL, as investigacións iniciadas tras unha denuncia presentada pola organización None Of Your Business (NOYB) en agosto de 2022 permitiron comprobar dúas prácticas ilegais. Por unha banda, a inserción de anuncios en forma de correos electrónicos dentro das lapelas Promocións e Social de Gmail, sen que os usuarios tivesen dado o seu consentimento. Por outra, a imposición de cookies publicitarias durante o proceso de creación dunha conta de Google, sen que os internautas recibisen unha información clara e completa sobre a súa finalidade.
A CNIL considerou que estes anuncios constitúen comunicación comercial directa e, polo tanto, requiren autorización previa dos usuarios segundo o Código de Correos e Comunicacións Electrónicas de Francia. Tamén constatou que, ata outubro de 2023, a ruta de creación dunha conta favorecía aceptar a personalización publicitaria fronte á opción de anuncios xenéricos, facendo máis difícil a negativa e ocultando que a aceptación de cookies era condición indispensable para acceder aos servizos de Google.
A multa reparte 200 millóns de euros a Google LLC (sede en California) e 125 millóns a Google Ireland Limited, responsable da xestión dos produtos da compañía na Unión Europea. Ademais, a CNIL ordenou que en seis meses a empresa deixe de mostrar anuncios entre correos de Gmail sen consentimento previo e que garanta unha recollida válida do consentimento para cookies publicitarias. De non facelo, Google afrontará unha penalización adicional de 100.000 euros diarios.
O organismo francés xustificou a severidade da sanción pola magnitude da infracción: máis de 74 millóns de contas creadas en Francia víronse afectadas, das cales 53 millóns chegaron a recibir os anuncios en cuestión. Tamén tivo en conta a posición dominante de Google no mercado da publicidade en liña e o feito de que xa fora sancionada anteriormente, en 2020 e 2021, por incumprimentos relacionados co uso de cookies.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?