Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Multa a Google polas súas prácticas anticompetitivas na publicidade en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Multa a Google polas súas prácticas anticompetitivas na publicidade en liña

Redacción
Publicado: 05/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

google_adtech_a.jpgA Comisión Europea impuxo a Google unha multa de 2.950 millóns de euros por vulnerar as normas de competencia da UE ao distorsionar o mercado da tecnoloxía publicitaria en liña. Segundo Bruxelas, a compañía estadounidense favoreceu os seus propios servizos de publicidade display en detrimento doutros provedores, anunciantes e editores en liña.
O executivo comunitario ordena agora a Google: pór fin a estas prácticas de autopreferencia e aplicar medidas que eliminen os conflitos de interese inherentes ao longo da cadea de subministración da publicidade en liña. A empresa dispón de 60 días para informar á Comisión sobre como pretende cumprir estas esixencias.
google_adtech_b.jpg A investigación constatou que Google é dominante no mercado europeo tanto dos servidores de anuncios para editores (coa súa ferramenta DFP) como das plataformas de compra programática para a web aberta (Google Ads e DV360). Entre 2014 e a actualidade, Google tería abusado desta posición en violación do artigo 102 do Tratado de Funcionamento da UE, favorecendo a súa propia plataforma de intercambio AdX en dous frontes: informando a AdX por adiantado do valor da mellor oferta dos competidores para que puidese superala e orientando as ferramentas de compra (Google Ads e DV360) a licitar principalmente en AdX, facendo deste o intercambio máis atractivo. Estas condutas reforzaron o papel central de AdX e permitiron a Google cobrar comisións elevadas.
A Comisión sinala que só o desinvestimento dunha parte dos servizos de Google podería resolver os conflitos de interese estruturais, aínda que primeiro analizará as propostas que formule a compañía. Se non resultan satisfactorias, procederá a impoñer un remedio proporcional.
A sanción, calculada segundo as directrices de 2006, tivo en conta a duración e gravidade da infracción, o volume de negocio de AdX no Espazo Económico Europeo e o historial previo de sancións de Google por abuso de posición dominante.

Contidos
  • A postura de Teresa Ribera
  • A resposta de Trump

A postura de Teresa Ribera

teresa_ribera_p064733-592526.jpgSegundo explicou a vicepresidenta executiva Teresa Ribera, «esta decisión reafirma o compromiso inequívoco da UE coa aplicación das normas de competencia». lembrou que non é a primeira vez que Bruxelas detecta condutas ilegais de Google noutros mercados dixitais. A responsable comunitaria incidiu en que a estratexia da compañía encareceu os custos de mercadotecnia para os anunciantes, custos que probablemente se trasladaron a consumidores europeos mediante prezos máis altos, e reduciu os ingresos dos editores, co conseguinte impacto na calidade dos servizos e nos custos de subscrición.
A vicepresidenta lembrou que un tribunal federal dos Estados Unidos vén de dar a razón ao Departamento de Xustiza nun caso paralelo contra Google, e que agora deberá pronunciarse sobre os remedios a aplicar. «Existe espazo para garantir que Google adopte unha solución efectiva a ambos lados do Atlántico», afirmou, incidindo en que un resultado conxunto redundaría en beneficio non só dos consumidores europeos, senón da cidadanía mundial.
Ribera concluíu que a Comisión seguirá aplicando as súas regras «con firmeza e xustiza, sen medo nin favoritismos» fronte a todas as compañías que operen no mercado europeo, lembrando que os tratados fundacionais, as leis e os valores democráticos da UE «non están en discusión».

A resposta de Trump

4311ce8a7a9dce9b.jpgA reacción do presidente dos EE.UU. non se fixo agardar, e espetou en Trush Social que «Europa hoxe golpeou outra gran compañía estadounidense, Google, cunha multa de 3.500 millóns de dólares, quitando efectivamente cartos que doutro xeito irían a investimentos e empregos estadounidenses. Isto súmase ás moitas outras multas e impostos que se teñen imposto contra Google e outras compañías tecnolóxicas estadounidenses, en particular. Moi inxusto, e o contribuínte estadounidense non o aceptará! Como dixen antes, a miña Administración NON permitirá que estas accións discriminatorias continúen», ao que apuntou despois que «a Unión Europea debe deter esta práctica contra as compañías estadounidenses, INMEDIATAMENTE!».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?