Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta facilita a comunicación das persoas xordas coa Administración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta facilita a comunicación das persoas xordas coa Administración

Redacción
Publicado: 08/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250908_pte_consello_reunion_dcs_04.jpgA Xunta investirá preto de 340.000 euros nos anos 2025 e 2026 para garantir o servizo de videointerpretación en lingua de signos, mediante un convenio que será asinado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG). O acordo, autorizado hoxe polo Consello do Goberno galego, asegura a continuidade dun recurso que facilita o acceso das persoas con discapacidade auditiva aos servizos públicos.
Galicia foi das primeiras comunidades en contar cunha plataforma deste tipo, posta en marcha en 2011 e que se foi ampliando co tempo. Actualmente está dispoñible presencialmente nas sete oficinas principais de rexistro e atención cidadá, en catro oficinas de turismo, nas urxencias de 14 hospitais e en 90 puntos de atención continuada do Sergas. Tamén pode empregarse en liña a través da páxina web da Xunta ou por teléfono nos números 061, 012, 112, 085 e 065, entre outros.
Na modalidade presencial, os hospitais, centros de saúde, oficinas administrativas e puntos de información turística dispoñen de terminais que permiten ás persoas xordas comunicarse directamente co servizo de videointerpretación da FAPXG, facilitando o diálogo en tempo real co persoal público.
Na modalidade en liña, o acceso faise desde o portal web da Xunta mediante ordenador, móbil ou tableta: o usuario selecciona o servizo co que precisa contactar e o videointérprete establece a comunicación en tempo real coa persoa destinataria.
Este convenio reafirma o compromiso da Xunta coa inclusión dixital e a igualdade de oportunidades, garantindo que a cidadanía poida acceder aos servizos públicos en condicións de plena accesibilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?