Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Digi mellora as súas tarifas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Digi mellora as súas tarifas

Redacción
Publicado: 08/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

digi_novas_tarifas_cabecera-3.jpgDigi anunciou hoxe unha nova mellora nas súas tarifas de fibra e móbil coa que reforza a súa aposta por manter prezos baixos e servizos cada vez máis competitivos. Incrementa a velocidade da súa fibra mantendo o mesmo custo mensual e, ademais, rebaixa o prezo do seu servizo ilimitado IlimiTODO, tanto para os clientes actuais como para os que contraten agora.
A rede de fibra de Digi ofrece desde este momento máis capacidade sen modificar a factura. A tarifa de fibra Smart de 300 Mbps simétricos pasa a converterse en 500 Mbps polo mesmo prezo de 10 euros ao mes, mentres que a de 600 Mbps sobe a 750 Mbps mantendo os 15 euros ao mes.
digi_fibra-1.jpg No apartado móbil, a mellora chega da man dunha rebaixa no custo do IlimiTODO, que ofrece chamadas nacionais e internacionais sen límite e datos ilimitados. Como exemplos das novas tarifas os 500 Mbps simétricos de fibra acompañados de dúas liñas IlimiTODO saen por 22 euros mensuais, ou e contratar fibra de 500 Mbps xunto a unha liña con 50 GB, chamadas ilimitadas e 100 minutos internacionais sae por 15 euros ao mes. A isto pódese engadir Digi TV, con máis de cen canles e os partidos máis destacados de cada xornada da Primeira Federación, por 7 euros adicionais.
As melloras aplicaranse de maneira automática e sen trámites adicionais. Os clientes con contrato recibiranas o martes 16 de setembro, coincidindo co inicio do ciclo de facturación, e desde ese momento pasarán a dispoñer das novas condicións. Para quen se incorpore como novo cliente, a actualización xa é efectiva desde hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?