Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novas axudas para impulsar proxectos de I+D+i con outras rexións europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Novas axudas para impulsar proxectos de I+D+i con outras rexións europeas

Redacción
Publicado: 08/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250908_pte_consello_reunion_dcs_06.jpgA Xunta de Galicia vén de aprobar a segunda edición da convocatoria Vinnovate Galicia, unha liña de axudas destinada a reforzar a colaboración interrexional e a presenza internacional da investigación e innovación. Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de Innovación, conta cun orzamento dun millón de euros, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. O obxectivo é apoiar proxectos de desenvolvemento experimental nos que participen empresas e organismos de investigación de polo menos dúas das 13 rexións implicadas, aliñados coas estratexias de Especialización Intelixente de cada territorio.
Nesta nova convocatoria establécese como requisito que un dos socios sexa unha peme cunha participación mínima do 30 % do orzamento, ampliándose tamén as actividades subvencionables cara á investigación aplicada.
Os consorcios galegos deberán estar formados por entre dúas e catro entidades non vinculadas entre si, das cales unha terá que ser unha peme cunha participación mínima do 30 % no orzamento. As axudas poderán acadar ata 500.000 euros por proxecto, que deberán comezar en 2025 e concluír antes do 30 de setembro de 2028, cunha participación galega mínima de 150.000 euros.
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases: ata o 15 de setembro, o líder do proxecto presentará unha proposta inicial á Vanguard Initiative para verificar os requisitos; se o ditame é favorable, a entidade galega deberá formalizar a súa solicitude na convocatoria da Axencia Galega de Innovación, cuxo prazo rematará o 15 de outubro.
As áreas prioritarias desta convocatoria son a bioeconomía, a intelixencia artificial, o hidróxeno, a saúde intelixente e a medicina personalizada, a fabricación avanzada para aplicacións enerxéticas offshore, a produción de alto rendemento con impresión 3D, os novos produtos de base nanotecnolóxica e a fabricación eficiente e sustentable.
As rexións participantes pertencen a oito países: Gelderland e Overijssel e o sur dos Países Baixos (Países Baixos), Lombardía e Emilia Romaña (Italia), Flandres e Valonia (Bélxica), Gales (Reino Unido), Galicia e País Vasco (España), Baixa Austria (Austria), Baixa Saxonia (Alemaña), Norte de Portugal (Portugal) e Nordeste de Romanía (Romanía).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?