Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avanza nos trámites do proxecto do futuro Centro de Formación da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avanza nos trámites do proxecto do futuro Centro de Formación da Cidade das TIC

Redacción
Publicado: 09/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg-galaxy-lab.jpgA Xunta de Galicia adxudicou e asinou o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución destinado á rehabilitación dos edificios da Escola de Formación Profesional e da Clínica da antiga Fábrica de Armas da Coruña, segundo recolle a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Con este paso, o Goberno galego avanza na creación dun novo Centro de Formación autonómico, integrado no complexo da Cidade das TIC e orientado a especialización en novas ocupacións ligadas á transición verde e dixital, en coherencia coas demandas actuais do mercado e co aproveitamento das novas oportunidades económicas, sociais e ambientais.
O contrato, adxudicado por un importe próximo aos 150.000 euros, contempla un prazo de cinco meses para a redacción do proxecto, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo de Transición Xusta. A execución material das obras nos dous inmobles alcanzará un investimento de arredor de 3,5 millóns de euros.
A escola, con 2.258 metros cadrados de superficie, e a clínica, con 395 metros cadrados, son edificacións de mediados do século XX que permanecen sen uso desde hai tempo, polo que precisan dunha intervención integral de rehabilitación e adaptación ás normativas vixentes en materia construtiva, enerxética, medioambiental e de usabilidade.
Segundo o prego de licitación, a reforma da Escola de Formación Profesional incluirá na planta baixa unha zona de recepción e sala de espera, catro espazos formativos de 100 metros cadrados cada un con capacidade para 30 alumnos, un espazo de innovación de 100 metros cadrados, un salón de actos de polo menos 200 metros cadrados, así como zonas de aseos e almacén.
O primeiro andar acollerá outros catro espazos formativos e un segundo espazo de innovación de características semellantes, ademais dunha área de dirección e administración, dependencias para xefatura de estudos e servizos técnicos con capacidade para catro postos cada unha, e novos aseos. O proxecto prevé tamén a incorporación de espazos verdes, de ocio e de descanso.
No caso da antiga clínica, a rehabilitación contemplará un vestíbulo, dous espazos de reunións, catro despachos individuais, aseos públicos e unha zona de almacén.
O proxecto deberá conservar a fachada orixinal dos edificios para manter a súa estética en consonancia coas outras rehabilitacións realizadas no complexo da Fábrica de Armas da Coruña. Así mesmo, deberá garantir unha alta eficiencia enerxética e de climatización, xunto cunha infraestrutura tecnolóxica avanzada que asegure unha conectividade acorde cos futuros usos formativos e innovadores do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?