Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace o estándar RSL para licenciar contidos para a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace o estándar RSL para licenciar contidos para a IA

Redacción
Publicado: 10/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rsl-logo.jpgReddit, People Inc., Yahoo, Internet Brands, Ziff Davis, Fastly, Quora, O’Reilly Media e Medium son algunhas das primeiras compañías en apoiar o novo estándar Really Simple Licensing (RSL), que desde hoxe está dispoñible de balde para calquera web e que busca definir termos de licenza, uso e compensación para rastrexadores e axentes de intelixencia artificial.
A proposta pretende ofrecer un sistema de compensación estandarizado para editores e creadores, á vez que simplifica o proceso de licenzas para as empresas de tecnoloxía e IA. Inspirado no RSS (Really Simple Syndication), o RSL preséntase como un protocolo aberto e descentralizado que pode aplicarse a todo tipo de contidos dixitais, desde páxinas web ata libros, vídeos ou bases de datos. «RSS foi crítico na evolución do ecosistema informativo de Internet, ofrecendo un estándar aberto que permitiu aos primeiros editores en liña chegar a audiencias masivas. Mais hoxe, cando os sistemas de IA absorben e reutilizan eses contidos sen permiso nin compensación, é necesario actualizar as regras», sinalou Tim O’Reilly, director xeral de O’Reilly Media. «RSL constrúe directamente sobre o legado do RSS e achega a capa de licenza que lle faltaba á Internet da era da IA».
Fronte ás limitacións do tradicional robots.txt, que só permite aceptar ou bloquear o acceso, o RSL engade unha infraestrutura de licenzas que posibilita definir condicións de uso e tarifas automáticas. As opcións inclúen modelos de licenza gratuíta, con atribución, por subscrición, por visita de rastrexador (pay-per-crawl) ou por resposta xerada (pay-per-inference).
A evolución do estándar está dirixida polo RSL Technical Steering Committee, no que participan figuras clave como Eckart Walther (coautor de RSS), RV Guha (Schema.org, NLWeb), o propio Tim O’Reilly, Stephane Koenig (Yahoo) e Simon Winslow (Fastly).
En paralelo, a creación do RSL Collective procura replicar no mundo editorial o papel que entidades como ASCAP ou BMI teñen na música: agrupar dereitos para mellorar a capacidade de negociación e establecer prezos de mercado xustos fronte ás empresas de IA. A adhesión ao colectivo é gratuíta e non exclusiva, de modo que calquera creador ou editor pode sumar a súa voz para reforzar a posición do conxunto.
Tanto o estándar RSL como o RSL Collective teñen como misión recuperar valor para a creatividade humana no contexto da IA, establecendo un marco técnico e xurídico que garanta recoñecemento e compensación xusta a millóns de editores e creadores en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?