Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha compañía italiana prepara a adquisición de Vimeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha compañía italiana prepara a adquisición de Vimeo

Redacción
Publicado: 10/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

spooners1.jpgVimeo, unha das plataformas de vídeo máis importante da Internet (aínda que eclipsada claramente por YouTube), anunciou a sinatura dun acordo definitivo para ser adquirida pola italiana Bending Spoons nunha operación en metálico valorada en arredor de 1.380 millóns de dólares. Os accionistas de Vimeo recibirán 7,85 dólares en efectivo por cada acción, o que supón unha prima do 91 % respecto da media ponderada dos últimos sesenta días de cotización a 9 de setembro de 2025.
Segundo Glenn H. Schiffman, presidente do consello de administración de Vimeo, tras unha revisión disciplinada das alternativas estratéxicas, o consello aprobou por unanimidade unha operación que «ofrece un valor certo e atractivo para os accionistas» e que permitirá á compañía «acelerar a súa folla de ruta estratéxica da man de Bending Spoons».
Pola súa banda, o conselleiro delegado de Vimeo, Philip Moyer, destacou que o equipo liderado por Luca Ferrari «está comprometido coa expansión do produto en todas as súas liñas, desde o segmento de autoservizo ata OTT/Vimeo Streaming e Enterprise». Engadiu que a integración abrirá novas oportunidades para «reforzar a misión global de ser a plataforma de vídeo máis innovadora e fiable do mundo para as empresas».
bending_spoons_ceo_cofounder_luca_ferrari_3.jpgDesde Bending Spoons, o seu director xeral e cofundador, Luca Ferrari, salientou que Vimeo é unha marca pioneira que serve a unha comunidade global de creadores e empresas. «Adquirimos compañías coa intención de operalas de maneira indefinida e vemos un enorme potencial para Vimeo», afirmou. Ferrari asegurou que, unha vez completada a compra, haberá investimentos ambiciosos nos Estados Unidos e noutros mercados prioritarios, así como en todas as áreas do negocio, incluídas as solucións para creadores e para empresas. O obxectivo, dixo, é elevar os niveis de rendemento e fiabilidade, incorporar funcións avanzadas a máis clientes e seguir lanzando prestacións con intelixencia artificial.
A milanesa Bending Spoons é un conglomerado tecnolóxico que está a gañar moito peso na Rede grazas a adquisición das compañías detrás de produtos/servizos como Evernote, Issuu, Meetup, Streamyard ou WeTransfer, entre os que Vimeo parece ter moi bo encaixe.
A operación, aprobada por unanimidade polo consello de administración de Vimeo, está previsto que se peche no cuarto trimestre de 2025, suxeita ás condicións habituais e á autorización dos accionistas e organismos reguladores. Tras a súa culminación, Vimeo pasará a ser unha empresa privada e deixará de cotizar en bolsa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?