Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Centos de expertos en Drupal xúntanse esta semana en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Centos de expertos en Drupal xúntanse esta semana en Compostela

Redacción
Publicado: 17/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

drupal_camp_2025.jpgSantiago de Compostela acollerá do 18 ao 20 de setembro a DrupalCamp Spain 2025, o encontro máis importante da comunidade Drupal en España, que reunirá a 400 profesionais do desenvolvemento web e da transformación dixital. O evento terá como escenario principal o Edificio CINC da Cidade da Cultura e está organizado pola Asociación Española de Drupal en colaboración con especialistas locais e voluntarios, co apoio da AMTEGA e de empresas do sector como Balidea e Hiberus.
A cita situará á capital galega como punto neurálxico da innovación tecnolóxica, ao reunir desenvolvedores, deseñadores, empresarios e expertos en tecnoloxía de distintos países europeos. Durante tres xornadas haberá espazo para a divulgación, a formación e a creación de redes de contacto, cunha programación que inclúe sesións de negocio, obradoiros e charlas técnicas. Tamén se celebrará unha nova edición dos Splash Awards, que regresan tras seis anos de ausencia para recoñecer os mellores proxectos Drupal en España.
Entre os participantes destaca a presenza de Antonella Severo, responsable de produto en Nestlé IT, que ofrecerá unha conferencia sobre o papel de Drupal na transformación dixital global da compañía. Tamén intervirán profesionais como Christian López Espínola, especializado en Acquia, ou Anastasiia Zvenigorodskaia, cofundadora de Epicmax, que impartirá un obradoiro sobre toma de decisións empresariais e retorno do investimento.
A DrupalCamp Spain celebra este ano a súa décimo quinta edición, tras pasar por cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Zaragoza. É a primeira vez que se desenvolve en Santiago, que xa acollera no 2016 unha versión reducida do encontro, o Drupal Day.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?