Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo afiánzase como referente europeo en tecnoloxías criptográficas avanzadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo afiánzase como referente europeo en tecnoloxías criptográficas avanzadas

S. P.
Publicado: 18/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_osaka3.jpgA Comisión Europea elixiu este verán un proxecto coordinado pola UVigo para representar a Europa na Expo Osaka 2025, evento internacional no que participan máis de 150 países e organizacións e cunha proxección estimada de 28 millóns de visitantes. A cita, que arrancou en abril e prolongará ata outubro, desenvólvese baixo o lema Deseñando a sociedade do futuro para as nosas vidas. Vigo participou dentro da semana dedicada á Paz, Seguridade Humana e Dignidade, como responsable do proxecto Quantum-Safe Internet, QSI.
Trátase dunha rede de doutoramento Marie-Curie financiada pola Unión Europea con máis de 2 millóns de euros, coordinada polo catedrático Marcos Curty e grazas á cal 12 mozas e mozos de diferentes países adquiren formación para converterse na “nova xeración de especialistas responsables de abordar o gran desafío de proporcionar á sociedade unha Internet segura”, segundo informou a Universidade de Vigo.
Marcos Curty, catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, é o investigador responsable do Vigo Quantum Communication Center. A día de hoxe a institución participa en 6 proxectos europeos -incluído QSI- e en dous proxectos nacionais sobre comunicacións cuánticas. “Creamos o Vigo Quantum Communication Center, adscrito ao centro de investigación atlanTTic, pertencente á rede Cigus, que centraliza estes esforzos”, apunta Curty, ao que engade que o obxectivo é “lograr comunicacións plenamente seguras na era dos ordenadores cuánticos, algo que representa grandes oportunidades pero que, ao mesmo tempo, supón unha ameaza severa para os métodos criptográficos que empregamos na actualidade para protexer as nosas comunicacións”.
uvigo_osaka4.jpgA selección do proxecto QSI por parte da Comisión Europea para participar na exposición Osaka 2025 supón, a xuízo de Curty, “un gran recoñecemento ao liderado e compromiso europeo na construción dun futuro dixital seguro fronte ás ameazas emerxentes”.
Durante a súa participación na exposición, os investigadores do proxecto QSI explicaron a súa proposta para “lograr comunicacións plenamente seguras” e, en particular, “unha futura Internet resistente aos riscos da computación cuántica”. Sobre estes cometidos, Curty sinala que “son obxectivos que están plenamente aliñados co espírito da exposición e cos valores da Unión Europea en materia de innovación tecnolóxica, ciberseguridade e dereitos dixitais”.
Nesta ocasión viaxaron a Xapón os estudantes de doutoramento da Universidade de Vigo Alessandro Marcomini e Vaisakh Mannalath, xunto co profesor Alex B. Grilo da Universidade de Sorbonne (Francia) e o profesor Christian Majenz da Universidade Técnica de Dinamarca e, xa alí, uníronse a eles os socios do proxecto en Xapón, o profesor Kiyoshi Tamaki, da Universidade de Toyama, e o investigador Koji Azuma, da empresa de telecomunicacións NTT.
Ao longo de varios días ofreceron un completo programa de actividades que incluíron charlas divulgativas, proxeccións audiovisuais sobre os resultados que se están a acadar, así como obradoiros interactivos e actividades lúdicas para todos os públicos centrados nos desafíos e solucións da seguridade dixital cuántica e poscuántica.
Con catro anos de duración, o proxecto Quantum-Safe Internet, QSI, arrancou en outubro de 2022 e finalizará o 30 de setembro de 2026. Trátase dunha rede de formación de doutores da que forman parte 22 entidades, 7 como beneficiarias e 15 como asociadas, incluíndo grandes empresas como Toshiba ou Cisco, e universidades de Francia, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos, Italia, Reino Unido, Suíza, Xapón ou Canadá.
Ao seu abeiro estanse a formar 12 estudantes de doutoramento provenientes de seis países: Italia (3), Alemaña (2), India (2), España (2), Arxentina, México e Francia. Destes 12 estudantes dous están contratados na propia UVigo, un de Italia e outro da India.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?