Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia comparte con Cataluña o seu sistema de I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Galicia comparte con Cataluña o seu sistema de I+D+i

Redacción
Publicado: 26/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250926visitaigfae1.jpgGalicia e Cataluña celebraron hoxe unha xornada de traballo centrada na I+D+i. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, recibiu á conselleira de Investigación e Universidades da Generalitat, Núria Montserrat, co propósito de compartir estratexias e políticas públicas nesta área e explorar posibles vías de colaboración tanto a nivel institucional como en capacidades entre territorios.
O titular galego agradeceu o interese da súa homóloga polo modelo de gobernanza e xestión que Galicia está a aplicar en ciencia e innovación, con resultados positivos a través de iniciativas como a Rede CIGUS, as convocatorias de colaboración público-privada ou os plans plurianuais de financiamento universitario. Tamén recoñeceu a cooperación do ICREA, a Institución Catalana de Investigación e Estudos Avanzados, no asesoramento para a posta en marcha de Galtia, a futura fundación galega de atracción de talento investigador de excelencia que iniciará as súas actividades en 2026.
Na visita, na que tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, déronse a coñecer programas como Oportunius, o Plan galego de investigación e innovación 25-27 (dotado con 1.310 millóns de euros e 165 actuacións) e as principais liñas da carreira investigadora en Galicia.
Rodríguez destacou a especialización estratéxica en áreas como a biotecnoloxía, a cuántica, a intelixencia artificial ou as tecnoloxías limpas, así como iniciativas de transferencia como Ignicia e o papel de Galicia na innovación desde a demanda, que lidera a nivel estatal. O conselleiro subliñou que as políticas galegas están «dando os seus froitos» e lembrou que, segundo o Instituto Nacional de Estatística, Galicia foi a comunidade que máis incrementou o investimento en I+D no último estudo, aínda que segue lonxe de territorios líderes como Cataluña. «As cifras reflicten a tendencia ascendente de Galicia en I+D+i, unha prioridade para a Xunta», afirmou Rodríguez, quen considerou a ciencia e a innovación como chaves para «impulsar o progreso socioeconómico e mellorar a vida dos galegos». Valorou ademais o encontro coa súa homóloga: «Foi frutífera e inspiradora. Compartir sempre é positivo e nós temos moito que aprender das capacidades de Cataluña no eido da I+D+i e o gran traballo que fan nos seus laboratorios de investigación».
Pola súa banda, Núria Montserrat agradeceu a acollida e definiu a reunión como «unha oportunidade de traballo conxunto en favor do talento, a innovación e o progreso compartido». Tamén asegurou que «temos moito que aprender de Galicia, no camiño da I+D+i precísanse modelos e aquí tédelos, modelos que funcionan e con resultados moi importantes». A conselleira catalá salientou que a xornada serviu para «fortalecer os nosos ecosistemas científicos e universitarios e, ao mesmo tempo, reforzar o papel da investigación como motor de oportunidades para a cidadanía, cun reto compartido: impulsar a innovación e o talento que xera coñecemento e valor».
Durante a súa estancia, ambos responsables visitaron varios centros de referencia. En concreto, acudiron ao CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC, dirixido por Mabel Loza, e ao IGFAE (Instituto Galego de Físicas de Altas Enerxías), centro compartido pola USC e a Xunta, onde actuou como anfitrión Carlos Salgado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?