Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ChatGPT permite realizar compras directamente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ChatGPT permite realizar compras directamente

Redacción
Publicado: 29/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

chatgpt_axente_compra_01.jpgAs capacidades axénticas de ChatGPT seguen a mellorar, e agora entran no ámbito do comercio electrónico facilitando a compra directa de produtos a través do propio chat coa función Instant Checkout, que funciona co chamado Agentic Commerce Protocol que funciona grazas á colaboración de OpenAI con Stripe.
Nun primeiro momento, a opción está dispoñible para usuarios de ChatGPT nos EE.UU., permitindo compras directas a vendedores de Etsy. Nas vindeiras semanas engadiranse máis de un millón de tendas de Shopify, incluíndo marcas como Glossier, SKIMS, Spanx ou Vuori. Polo de agora só se poden facer compras dun único artigo, aínda que xa se traballa na integración de cestas con varios produtos, así como na expansión a outros mercados e rexións.
O Agentic Commerce Protocol preséntase como un estándar aberto de comercio con intelixencia artificial, que facilita que axentes de IA, persoas e negocios poidan completar transaccións de maneira conxunta. A tecnoloxía, que xa está dispoñible en aberto xunto coa documentación para desenvolvedores, foi desenvolvida con Stripe e grandes comerciantes para garantir potencia, seguridade e facilidade de integración, sen que os vendedores teñan que modificar os seus sistemas actuais.
chatgpt_axente_compra_02_detalle.jpg O funcionamento é sinxelo: cando un usuario fai unha consulta de compra («mellores zapatillas de correr por menos de 100 dólares» ou «agasallos para amantes da cerámica»), ChatGPT amosa resultados orgánicos non patrocinados. Se un produto ofrece a posibilidade de empregar Instant Checkout, o usuario pode mercalo sen saír da conversa, confirmando envío e pagamento cun par de toques. O cobro, envío e atención ao cliente continúan a cargo do vendedor, que conserva o control da relación comercial. ChatGPT só actúa como un asistente que transmite a información entre comprador e tenda.
Os comerciantes pagan unha pequena comisión polas compras completadas, pero os prezos non varían para o cliente e os resultados non se ven condicionados pola presenza de Instant Checkout. Na ordenación dos produtos téñense en conta criterios como dispoñibilidade, prezo, calidade, se o vendedor é o distribuidor principal ou se admite esta opción de compra directa.
Stripe destaca que está a «construír a infraestrutura económica para a IA» e que se sente orgullosa de impulsar esta integración con OpenAI. Desde Etsy e Shopify tamén subliñan que esta é unha nova vía para chegar a centos de millóns de potenciais clientes mantendo o control sobre pagamentos e sistemas propios.
OpenAI insiste en que a confianza é clave: o usuario confirma cada paso, os pagamentos están cifrados e autorizados só para a contía e o vendedor específico, e só se comparte a información mínima necesaria.
Séntanse aquí as bases do que podería ser o comercio electrónico do futuro, aínda que iso dependerá de se a industria adopta como seu o Agentic Commerce Protocol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?