O axente de ChatGPT xa está dispoñible para subscritores
xoves, 24 de xullo do 2025

- O axente de ChatGPT comprobando a dispoñibilidade dun dominio .gal
A semana pasada OpenAI presentou o axente de ChatGPT, unha ferramenta capaz de xestionar tarefas completas de principio a fin de xeito autónomo interactuando con páxinas web, e hoxe mesmo esta ferramenta pasa a estar dispoñible para todos os usuarios de pagamento de ChatGPT.
Esta nova función de ChatGPT permite que lle indiquemos ao sistema que realice accións en páxinas web, para o que interactúa de xeito automático cun navegador web, comprendendo o contido das páxinas web e realizando as distintas tarefas precisas para completar as ordes, agás cando sexa preciso introducir datos sensibles ou autorizar pagamentos, momentos nos que se transfire o control ao usuario.
Un exemplo de uso do axente de ChatGPT, que está a resultar moi rechamante en redes sociais, é que é quen de mercar un billete na páxina web da Renfe, tarefa que moitos usuarios consideran case imposible ou, cando menos, sumamente frustrante, e que agora pode automatizarse, aÃnda que o sistema teña que ceder o control ao usuario no momento de introducir o número da tarxeta bancaria para completar o pagamento dos billetes.
Esta ferramenta encadea numerosas accións dun xeito bastante completo. Por exemplo, ao indicarlle que merque unha entrada para o concerto de Aida TarrÃo no Parque de Santa Margarida primeiro busca información sobre o mesmo e atopa (na páxina web do Concello da Coruña) que o 28 de agosto se celebra o evento Gala i Ovidio na RomarÃa de Santa Margarida e visita Ataquilla para formalizar a compra, aÃnda que esixe que o usuario tome o control para verificar que o visitante é humano e para completar os datos persoais da persoa que compra as localidades para o concerto.
Tamén é posible empregar esta tecnoloxÃa para realizar investigacións, e ata crear presentacións, sendo unha ferramenta que está en constante evolución, prometendo unha automatización cada vez máis completa.

- O axente completa as tarefas indicadas seguindo numerosas accións complexas
