Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vantage Studios. a nova subsidiaria de Ubisoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Vantage Studios. a nova subsidiaria de Ubisoft

Redacción
Publicado: 01/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

2509_vantage_asset_b_header.jpgUbisoft anunciou a posta en marcha de Vantage Studios, unha nova filial concibida como casa creativa que asumirá a responsabilidade dalgunhas das súas franquías máis importantes: Assassin’s Creed, Far Cry e Rainbow Six. A dirección deste novo estudo correrá a cargo de Charlie Guillemot e Christophe Derennes, quen compartirán o posto de co-CEO.
Vantage Studios nace coa misión de impulsar o desenvolvemento e a expansión destas marcas, aproveitando a experiencia acumulada por Ubisoft e poñendo ao dispor dos equipos servizos e recursos técnicos comúns, mais outorgando ao mesmo tempo unha maior autonomía creativa aos desenvolvedores para que teñan máis control directo sobre os xogos que están a crear.
A compañía enmarca este movemento no seu proceso de transformación (impulsado en grande medida polo apoio económico de Tencent), que inclúe a creación doutras casas creativas co obxectivo de agrupar marcas e franquías baixo unha mesma filosofía e coñecemento compartido. A intención é reforzar os vínculos entre desenvolvedores e xogadores, reducindo o tempo entre a recollida e a implementación do feedback e mantendo o apoio das ferramentas, servizos e tecnoloxías de Ubisoft.
Os equipos que integran Vantage Studios son os responsables de Rainbow Six, Assassin’s Creed e Far Cry, e están repartidos polos centros de Ubisoft en Montréal, Quebec, Sherbrooke, Saguenay, Barcelona e Sofía, reunindo a milleiros de profesionais que participaron na creación dalgúns dos títulos máis recoñecidos da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?