Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone prevé absorber Finetwork
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone prevé absorber Finetwork

Redacción
Publicado: 03/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

finetwork_5-20.jpgVodafone España executará a toma de control de Finetwork a finais deste mes de outubro tras obter a autorización do Goberno, segundo confirmaron fontes xurídicas próximas á operación. A aprobación do Executivo, datada o pasado 30 de setembro, era preceptiva ao considerarse unha inversión estranxeira, dado que Vodafone España pertence ao fondo británico Zegona.
O operador xa notificara o 25 de setembro á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) a súa intención de asumir a maioría do capital de Finetwork polos impagamentos acumulados desta última en virtude do contrato de alugueiro da rede de Vodafone. O regulador dispón dun mes para ditaminar se a operación pode aprobarse en primeira fase ou se require unha análise máis profunda en segunda fase, que podería alongarse ata catro meses. Porén, fontes xurídicas consideran improbable este escenario, xa que Finetwork ten unha cota de mercado reducida e carece de infraestrutura propia, ao empregar a rede de Vodafone.
Con ambos permisos –o do Goberno e o da CNMC–, Vodafone prevé concluír a absorción no prazo dun mes e sumar así arredor dun millón de liñas móbiles e de fibra da compañía eldense, que xa operaba sobre a súa rede. Na actualidade, Vodafone conta con 26,3 millóns de accesos: 12,5 millóns de móbiles, 2,5 millóns de fibra, 1,3 millóns de televisión e 10 millóns de máquina a máquina (IoT).
O proceso de adquisición arrincou tras o auto do Xulgado do Mercantil número 1 de Alacant do 4 de setembro, que avalaba o plan de Vodafone para facerse co control de Finetwork mediante a capitalización da débeda pendente, superior aos 70 millóns de euros. O plan inclúe un aumento de capital por 50 millóns de euros mediante compensación de créditos, o que permitirá a Vodafone quedar co 95 % do capital de Webi Mobile –matriz de Finetwork– e desprazar a Pascual Pérez, fundador e ata agora principal accionista, así como ao fondo Kai Capital. Ademais, contempla unha liña de financiamento de ata 20 millóns de euros para estabilizar a situación patrimonial da empresa, actualmente en insolvencia inminente.
A operación suporá tamén a substitución do actual órgano de administración de Webi Mobile por un novo consello de tres membros designados por Vodafone.
No mercado non se descarta que, unha vez consolidada a absorción, Vodafone abra a porta á entrada do fondo español Asterion no capital da compañía. Asterion, a través de Olin Group, xa negociara en verán con Pascual Pérez a compra de Finetwork. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?