Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sora 2 engadirá granularidade ao control do copyright
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sora 2 engadirá granularidade ao control do copyright

Redacción
Publicado: 06/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sora_2_pantallas_detalle.jpgO novo modelo de xeración de vídeo e audio de OpenAI, Sora 2, está a converterse en todo un fenómeno nos EE.UU., e mentres agardamos ao espallamento internacional desta funcionalidade e da súa aplicación móbil (que busca converterse nunha plataforma social), Sam Altman publica unha actualización na que explica que OpenAI está a introducir cambios importantes tras analizar o uso real da ferramenta e a resposta recibida dos usuarios, titulares de dereitos e outros grupos interesados.
O primeiro cambio anunciado permitirá ofrecer un control máis detallado aos titulares de dereitos sobre como se poden xerar personaxes, nun modelo semellante ao actual sistema de participación voluntaria (opt-in) para reproducir semellanzas, pero con opcións adicionais. Altman sinala que moitos dereitos están a acoller con entusiasmo este novo formato de fan fiction interactiva, aínda que queren poder decidir en que condicións se poden empregar os seus personaxes, ou mesmo prohibir o seu uso. «Queremos aplicar o mesmo estándar para todos e deixar que os titulares de dereitos decidan como proceder», explica, engadindo que o sistema aínda precisará un período de axuste para evitar xeracións indebidas. O executivo tamén destacou «a extraordinaria creatividade do Xapón» e a forte conexión entre os usuarios e os contidos xaponeses.
O segundo cambio está relacionado coa monetización. Altman recoñece que os usuarios están a xerar moitos máis vídeos do esperado e que boa parte deles van dirixidos a audiencias moi pequenas, polo que Sora deberá empezar a xerar ingresos. OpenAI planea probar un modelo de reparto de beneficios cos titulares de dereitos que permitan o uso dos seus personaxes nas creacións dos usuarios. A compañía espera que este novo tipo de interacción sexa, en si mesma, un valor engadido, pero tamén que o reparto de ingresos resulte atractivo.
Altman concluíu asegurando que Sora experimentará «un ritmo de cambio moi alto, como nos primeiros tempos de ChatGPT», e que o equipo asumirá riscos, cometerá erros e os corrixirá con rapidez, aplicando o aprendido en Sora ao resto dos produtos de OpenAI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?