Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo multixogador de Call of Duty: Black Ops 7 aposta pola diversión competitiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O novo multixogador de Call of Duty: Black Ops 7 aposta pola diversión competitiva

Redacción
Publicado: 14/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bo7_mp_forgeoverload_01_hero-c4044e283bb40fe82e90.jpgCall of Duty: Black Ops 7, que chegará o 14 de novembro, incorporará un novo modo multixogador deseñado para fomentar a competencia e o traballo en equipo: Overload. Neste modo, dous equipos de seis xogadores enfróntanse para escoltar un dispositivo chamado Overload Device ata as zonas de control do inimigo e así sumar puntos. O reto está en coordinarse, defender o portador e anticipar os movementos do rival.
«Crea unha serie constante de miniobxectivos durante a partida que manteñen o interese e a tensión: anticipar onde pode formarse un punto de estrangulamento, o mellor camiño para interceptar o inimigo ou o lugar idóneo para tenderlle unha emboscada», explica Mike Nelson, editor de Xbox Wire.
bo7_mp_forgegeneral_03-178e95661dc3ea0ff07d.jpg Segundo o director de deseño Matt Scronce, o modo naceu coa intención de ofrecer unha nova experiencia competitiva dentro do universo Call of Duty. «Temos os clásicos —Team Deathmatch, Domination, Hardpoint, Kill Confirmed—, pero queriamos ir máis alá e crear algo que servise tanto para a comunidade competitiva como para a Call of Duty League», sinala.
A dinámica de Overload combina elementos de modos clásicos como Capture the Flag, Uplink ou Sabotage. Só aparece un dispositivo por mapa e, unha vez recollido, todos os xogadores poden velo no HUD e no Tac-Map, o que garante enfrontamentos intensos. O obxectivo é levar o artefacto á zona inimiga, cambiando de bando a metade da partida. Gaña o primeiro equipo que acade oito puntos ou o que teña máis cando remate o tempo.
bo7_mp_whiteouttdm_1-33337622392167fd5a08.jpg O modo tamén integra as novas mecánicas de movemento omnidireccional e gadgets do ano 2035. Entre as súas particularidades destaca a posibilidade de empregar habilidades como Active Camo mentres se transporta o dispositivo. Overload complétase cun amplo abano de modos que estarán dispoñibles desde o lanzamento de Black Ops 7, incluíndo tamén Zombies e a nova campaña cooperativa.
Call of Duty: Black Ops 7 estará dispoñible en Xbox Series X|S, Xbox One, PC e Cloud con soporte para Xbox Play Anywhere e dispoñible desde o primeiro día en Game Pass Ultimate e PC Game Pass, ademais de PlayStation 5, PlayStation 4, Battle.net e Steam.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Nova remesa de xogos para Game Pass encabezada pola Patrulla Canina

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?