Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O superordenador compacto para a IA de nVIDIA inicia a súa distribución
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O superordenador compacto para a IA de nVIDIA inicia a súa distribución

Redacción
Publicado: 14/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

workstation-dgx-spark.jpgnVIDIA anunciou o inicio da distribución do nVIDIA DGX Spark, definido pola compañía como o superordenador de intelixencia artificial máis compacto existente, que xa se presentara no CES e na conferencia GTC, polo que había bastante expectación polo produto. O dispositivo chega como resposta á crecente demanda de rendemento por parte dos desenvolvedores de IA, cuxos equipos persoais e estacións de traballo comezan a quedar limitados en memoria e capacidade de software, obrigando a trasladar as cargas de traballo á nube ou a centros de datos.
O DGX Spark inaugura unha nova categoría de computadores ao ofrecer un petaflop de rendemento e 128 GB de memoria unificada nun formato de escritorio. Esta potencia permite executar modelos de ata 200 000 millóns de parámetros e axustar localmente modelos de ata 70 000 millóns, ademais de crear axentes de IA e desenvolver software avanzado sen depender de infraestrutura externa.
O sistema integra toda a plataforma nVIDIA AI, con GPU, CPU, rede, bibliotecas CUDA e o conxunto de software nVIDIA AI, nun equipo o suficientemente pequeno para un laboratorio ou oficina, pero con potencia abondo para impulsar o desenvolvemento de IA axencial e física. Inclúe o superchip Grace Blackwell GB10, conexión nVIDIA ConnectX-7 a 200 Gb/s e tecnoloxía nVIDIA NVLink-C2C, que multiplica por cinco a largura de banda de PCIe 5.0 e ofrece 128 GB de memoria coherente entre CPU e GPU.
O software de IA de nVIDIA vén preinstalado, permitindo comezar a traballar de inmediato con ferramentas, modelos e microservizos NIM. Entre os exemplos de uso que propón a compañía están a personalización dos modelos FLUX.1 de Black Forest Labs para mellorar a xeración de imaxes, a creación dun axente de busca e resumo visual baseado no modelo Cosmos Reason, ou a construción dun chatbot con Qwen3 optimizado para DGX Spark.
huang_e_musk.jpg Para celebrar o lanzamento global, Huang entregou persoalmente unha das primeiras unidades a Elon Musk, en Starbase (Texas), evocando a entrega do primeiro DGX-1 a OpenAI en 2016. Outras entidades pioneiras, como Anaconda, Cadence, ComfyUI, Docker, Google, Hugging Face, JetBrains, LM Studio, Meta, Microsoft, Ollama e Roboflow, xa están a probar e optimizar o seu software para este novo equipo.
Tamén centros de investigación como o NYU Global AI Frontier Lab tiveron acceso anticipado. O profesor Kyunghyun Cho subliñou que «o DGX Spark permítenos acceder a computación a escala peta directamente no escritorio. Este novo xeito de realizar investigación e desenvolvemento en IA posibilita prototipar e experimentar rapidamente con algoritmos e modelos avanzados, mesmo en aplicacións sensibles á privacidade e á seguridade, como a sanidade».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?