Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turtle Beach quere manter vivos os xogos musicais coa súa guitarra para Switch
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Turtle Beach quere manter vivos os xogos musicais coa súa guitarra para Switch

Redacción
Publicado: 16/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

8_riffmaster-guitar_3000x3000-pkg-3d.jpgA poucos días de que o xogo musical Rock Band 4 fose retirado das tendas dixitais, polo que podemos consideralo en vías de extinción, dende Turtle Beach sorprenden presentando unha guitarra sen fíos PDP Riffmaster con licenza oficial para Nintendo Switch e Switch 2, que pode adquirirse por 149,99 euros.
Este accesorio deseñouse para xogos musicais dos que só quedarían o citado Rock Band 4 e o máis recente Fortnite Festival (creado tamén pola xente de Harmonix), facilitando tocar as pezas Pro Lead e Pro Bass do xogo coa mesma experiencia inmersiva que nas consolas doutras plataformas.
4_mediagallery_ns_riffmaster_110.jpg A PDP Riffmaster destaca polo seu deseño ergonómico e adaptable, pensado tanto para usuarios destros como xergos. A conexión sen fíos de baixa latencia ofrece unha cobertura de ata nove metros, mentres que a batería recargable garante máis de 35 horas de uso continuo por cada carga. A guitarra inclúe ademais unha correa para o ombro e un deseño encartable que facilita o seu transporte e almacenaxe.
Con esta versión, Turtle Beach amplía a compatibilidade do seu accesorio musical máis vendido, que xa estaba dispoñible para consolas Xbox e PlayStation, sendo moi rechamante que continúe vivo este nicho de accesorios nun momento no que a súa principal franquía está en desintegración (e a franquía que orixinou o fenómeno, Guitar Hero, xa desapareceu hai bastante tempo), sobrevivindo o xénero xogable como un contido dentro de Fortnite (polo que para moitos usuarios a nova guitarra podería converterse nun refugallo electrónico cando decidan retirar a función do xogo).


Tráiler de Fortnite Festival

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?