Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orgullo Galego estrea o seu proxecto web sobre a espiritualidade do Reino de Galiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orgullo Galego estrea o seu proxecto web sobre a espiritualidade do Reino de Galiza

S. P.
Publicado: 17/10/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

orgullo_galego_borxa_lidia.jpgOrgullo Galego lanzará este luns 20 de outubro o seu proxecto titulado Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza, un proxecto web que se desenvolverá ata finais deste ano 2025 Impulsado por Borxa González Castro de Orgullo Galego e ao abeiro do certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da Área de Cultura da Deputación da Coruña, ten o obxectivo de entender como pensaban e como crían os habitantes do século V tirando do De Correctione Rusticorum de Martiño de Dumio.
Borxa, contextualizando o proxecto, explica que Martiño de Dumio foi un relixioso cristián do século VI que, aínda sen ter nacido na Gallaecia, “foi unha figura fundamental que determinou non só os destinos do Reino naquela altura senón para os séculos posteriores”. Engaden que as decisións e análises do bispo, que chegou ao Reino Suevo da Galiza cara ao ano 550, influíron de tal xeito que chegaron ata os nosos días.
Amais, engaden que Martiño de Dumio non só destacou pola conversión do Reino ao cristianismo ou polos fundamentais concilios de Braga, tamén por influír sen querelo na lingua galega, xa que el é responsable de que chegasen ata os nosos días os días da semana na forma das feiras. Tamén documentou cultos que chegaron ata tempos recentes coma o culto aos animais, as aves e os agoiros, as crenzas e cultos máxicos ás fontes, cruces de camiños ou ás herbas, o tronco no lume, etc.
Para este proxecto, Orgullo Galego contará coa antropóloga Lidia Mariño quen será a condutora dos capítulos. Lidia Mariño naceu en Portosín no ano 1984, é diplomada en Fisioterapia, graduada en Antropoloxía Social e Cultural na UNED e conta coa titulación de varios cursos sobre antropoloxía, mitoloxía e ritualística galega, así como de investigación etnográfica, rituais con máscara e crenzas medievais.
No apartado da gravación e montaxe participará David Miranda, especialista en comunicación audiovisual, mercadotecnia dixital e estratexia de marca. Lembrar que David Miranda foi premiado no Youtubeiras polo proxecto Falemos do Reino de Galicia.
O proxecto contará tamén con subtitulado adaptado en lingua galega por parte profesional Jose Rodríguez, graduado en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo

Lidia Mariño e Borxa González Castro, de Orgullo Galego
Lidia Mariño e Borxa González Castro, de Orgullo Galego
En materia de contidos audiovisuais o proxecto arrincará o luns 20 de outubro coa publicación dos dous primeiros vídeos de presentación, un formato audiovisual que nos levará ata mediados de novembro xa que todos os luns e mércores publicarán un vídeo, 8 na súa totalidade. Terán unha duración duns 2 minutos e medio e a través das condenas eclesiásticas de Martiño de Dumio, “o público poderá mergullarse na forma de entender a espiritualidade do pobo que habitaba o reino de Galiza”.
Nestes vídeos falarán sobre os agoiros ligados aos animais, os ritos asociados á herba de namorar, o culto ás fontes, tamén da figura mitolóxica da Moura, os Amilladoiros, o tizón de Nadal, as vulcanais, etc
“Os temas que tocamos estarán relacionados con lugares moi concretos do noso país, e así neste proxecto visitarán Santo André de Teixido, Noia, Porto do Son, Betanzos, Compostela, Outes, etc”, explican.
Outro dos apartados do proxecto terá formato de conversa en liña. Así, unha vez publicados os 8 vídeos tocará a quenda da conversa online mantida entre Borxa González Castro (Orgullo Galego) e Lidia Mariño (antropóloga). Unha conversa realizada no Mosteiro de Caaveiro (Fragas do Eume) e na que durante case 60 minutos afondarán máis sobre os temas tocados nos 8 vídeos
Este proxecto levará tamén a publicación de infografías e un artigo na páxina web de Orgullo Galego. Para rematar nos meses de novembro e decembro visitarán varios centros de ensino para presentar o proxecto e mostrarlle ao alumnado a importancia do noso patrimonio así como da nosa historia, buscando levar o proxecto a todos os públicos e sensibilizar sobre o Reino de Galiza
borxa_orgullo_galego.jpg Tanto os vídeos como as conversas poderán visualizarse na canle de Youtube de Orgullo Galego deitando as infografías, pequenos vídeos e o artigo nas súas redes sociais de Instagram, Facebook, Tik Tok, X, Telegram, Whatsapp e Bluesky
Orgullo Galego é unha comunidade en redes en lingua galega que conta con máis de medio millón de seguidoras e seguidores presentes en máis de 80 países, polo que o obxectivo é achegar a nosa historia a un público amplo e diverso, contribuír a levar o Reino Galego ao conxunto da poboación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?