Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O videoxogo Renegade Jammer, nado no Campus de Ferrol, é recoñecido no BCN Game Fest
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O videoxogo Renegade Jammer, nado no Campus de Ferrol, é recoñecido no BCN Game Fest

S. P.
Publicado: 20/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

renegade_jammer_premio_4.jpgRenegade Jammer, título nado como traballo final do mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogo, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de acadar o Premio ao Mellor Xogo Académico na oitava edición do BCN Game Fest by IndieDevDay que tivo lugar, do 10 ao 12 de outubro, en La Farga de Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
O alumnado egresado da Universidade da Coruña (UDC) compartiu galardón co estudantado da Escola de Noves Tecnologies Interactives (ENTI), adscrita á Universitat de Barcelona (UB), quen presentou o videoxogo Fragments of the Abyss.
renegade_jammer_premio_3.jpgAs persoas que integraron o xurado valoraron os seguintes aspectos dos proxectos das 12 institucións académicas participantes: a arte, o nivel dos acabados, o deseño de niveis, as mecánicas, a innovación, o son e a música e, por último, o game feel: a sensación inmaterial e táctil que experimenta o xogador ou xogadora. A Mención de Honor foi para o alumnado de TecnoCampus, centro adscrito á Universitat Pompeu Fabra (UPF), co título Danger Zone.
Detrás de Renegade Jammer están os antigos estudantes do Campus Industrial de Ferrol, Andrea Alonso, Álvaro Martos, David Muradás, Gael Alberto Quintela, Andrea Salgado e Manuel Sanjurjo. Xuntos conforman Team Kaulu, o estudo que está a desenvolver este xogo de plataformas 3D no que a súa protagonista, xunto con outros compañeiros e compañeiras de viaxe, terá que irromper nas instalacións que esta compañía, dedicada ao estudo das mutacións xenéticas con fins pouco éticos, ten en varias galaxias co obxectivo de boicotear os seus sistemas informáticos e deter a súa actividade.
renegade_jammer_premio_2.jpg Con todo, esta non é a primeira vez que o estudo Team Kaulu presenta Renegade Jammer en público e obtén algún galardón ou recoñecemento. En novembro de 2024 participaron na ExpOtaku, en ExpoCoruña e, máis recentemente, a mediados de setembro, no Lérez Up de Pontevedra onde conseguiron o Primeiro Premio ao Mellor Xogo Indie.
renegade_jammer_premio_captura_1.jpg A oitava edición da BCN Game Fest by IndieDevDay vén de consolidar a súa posición como o evento de videoxogos máis grande do sur de Europa. As cifras avalan o crecemento dunha feira internacional que reuniu a máis de 17.000 persoas visitantes, a 180 estudos (con máis de 200 xogos exhibidos), a 40 publishers internacionais e locais e a 12 institucións académicas participantes. Programando, a maiores, máis de 65 conferencias, paneis e obradoiros, así como máis de 1.200 reunións de negocio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?