Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A función de tradución en tempo real dos AirPods chega a Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A función de tradución en tempo real dos AirPods chega a Europa

Redacción
Publicado: 04/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple-live-translation-airpods-hero.jpgApple confirmou que a súa nova función de Tradución en Tempo Real para os AirPods chegará á Unión Europea o mes que vén, despois de sufrir un pequeno atraso derivado dos axustes técnicos necesarios para adaptarse ao Regulamento de Mercados Dixitais. Esta ferramenta, potenciada pola Apple Intelligence e o audio computacional avanzado, permitirá manter conversas cara a cara entre persoas que non falen o mesmo idioma, facilitando a comunicación en viaxes, encontros profesionais ou situacións cotiás.
apple-airpods-pro-3-live-transla.jpgA función estará dispoñible nos AirPods Pro 3, AirPods Pro 2 e AirPods 4 con cancelación activa de ruído, cando estean emparellados cun iPhone con Apple Intelligence activado e o software de sistema máis recente. Grazas á súa integración co sistema operativo, os usuarios poderán comunicarse sen usar as mans, mentres a cancelación activa de ruído axusta o volume da voz do interlocutor para facer máis cómoda a escoita da tradución.
traducion_tempo_real_airpods.jpgNo caso de que un dos participantes na conversa non leve AirPods, o iPhone amosará unha transcrición en tempo real no idioma da outra persoa. Ademais, a Tradución en Tempo Real estará tamén integrada en aplicacións como Mensaxes, FaceTime e Teléfono, permitindo pasar sen interrupción das chamadas ás conversas escritas mantendo a mesma fluidez.
Apple destacou que esta tecnoloxía se executa directamente no dispositivo, garantindo así a privacidade do usuario. A Tradución en Tempo Real é compatible con inglés, francés, alemán, portugués, español, italiano, chinés (simplificado e mandarín tradicional), xaponés e coreano.
A función pode probarse xa a través do Apple Developer Program, mentres que a versión beta pública estará dispoñible en breve no Apple Beta Software Program.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?