Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Maker Faire Galicia celebra a súa Xornada de Oficios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A Maker Faire Galicia celebra a súa Xornada de Oficios

Redacción
Publicado: 21/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20251121dxccmakerfairegalicia1.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou en Santiago de Compostela na mesa de apertura da Xornada de Oficios, enmarcada na XI edición da Maker Faire Galicia, unha cita centrada en reforzar a conexión das novas xeracións de creadores cos oficios artesanais. Na inauguración estiveron tamén a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de Santiago, María Rozas; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e o cofundador da Maker Faire Galicia, Enrique Saavedra.
maker_faire_galicia_santiago_casa_maquinas_maria_rozas.jpgDurante o acto, María Rozas reivindicou a importancia de recuperar os oficios tradicionais «non desde a nostalxia, senón desde o convencemento de que facelo é apostar por un desenvolvemento económico sostible e pola creación de emprego de calidade». A concelleira agradeceu a celebración da xornada «que permite recoñecer o esforzo de todas as persoas que traballan nos oficios tradicionais e poñer en valor o moitísimo talento que temos en Galicia e que temos que seguir promocionando».
A iniciativa conta co apoio da Xunta e procura destacar a creatividade, o coñecemento e o saber facer das persoas que manteñen vivos estes oficios, ao tempo que experimentan con novas narrativas, materiais e maneiras de crear. O propio Gabriel Alén será o encargado de entregar o segundo premio aos proxectos máis votados polo público.
maker_faire_galicia_santiago_casa_maquinas_maria_rozas_3.jpgO programa reúne relatorios arredor dos biomateriais, da produción artística e de disciplinas vinculadas ao deseño, á arte, á comunicación e á economía circular. Ata as 14:00 horas impártense obradoiros de iniciación a distintos oficios, conducidos por profesionais de Artesanía de Galicia e pensados para público infantil e adulto. Entre as propostas figuran o taller de bordado sobre fotografía impartido por Minia Banet (Variopinto), o obradoiro de flores téxtiles de NAI Deseños e a sesión Aprende forxa tradicional con plastilina, guiada por Roni Herrán.
Ao longo da xornada teñen lugar tamén relatorios e faladoiros protagonizados por profesionais como Julia Steketee (Bagaceira Project), que transforma residuos de cana de azucre en materiais para o deseño de interiores; Paula Camiña Eiras, enxeñeira de Deseño Industrial e experta en biodeseño; ou Ramón Santos, de Mercería La Crisálida. Ademais prográmanse actividades dirixidas ao público infantil, un espazo maker e máis dunha ducia de expositores (visitables ata as 20:00 horas) cos traballos de artesáns da cerámica, ourivería, bixutería, moda, complementos, redeiras, forxa e encadernación.
maker_faire_galicia_santiago_casa_maquinas_maria_rozas_2.jpgA participación de profesionais como Acivro Xoias (Santiago de Compostela), Susana Anta (A Coruña), A Casa Rodante (Vigo), Fui Yo (Santiago de Compostela), Lixo Atelier (Muros), Mundaya (Santiago de Compostela), Jerolas (Curtis), a Asociación de Redeiras Artesás Illa da Estrela de Corme (Ponteceso) ou D Rositas (Rois) permite achegar ao público unha panorámica ampla da artesanía galega contemporánea, combinando tradición e innovación.
A entrada á Xornada de Oficios é de balde ata completar aforo, cunha especial orientación cara a centros educativos, estudantes e novos talentos en formación, así como para calquera persoa interesada en coñecer o presente e o futuro dos oficios tradicionais. Coa súa celebración ponse fin á Maker Faire Galicia 2025, que un ano máis se estruturou en tres citas temáticas dedicadas á innovación social, á industria e aos oficios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?