Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fracasa o programa estatal que leva a Internet ao rural vía satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fracasa o programa estatal que leva a Internet ao rural vía satélite

Redacción
Publicado: 24/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hispasat_centros-de-control.jpgO programa UNICO Demanda Rural, concibido para levar conexión ultrarrápida vía satélite ás zonas máis illadas do Estado, está lonxe de cumprir as expectativas anunciadas polo Goberno no momento da súa adxudicación. A finais de 2025, dous anos e medio despois do seu lanzamento, suma arredor de catorce mil usuarios, o que supón aproximadamente o 1 % dos 1,3 millóns de fogares e empresas que se anunciaron como destinatarios potenciais.
A realidade é que, malia a presentación inicial, o deseño orzamentario do programa xa marcaba metas máis reducidas. Dos 76,3 millóns de euros asignados, 36 destinábanse a cubrir os custos de alta dos usuarios (entre a visita técnica, a antena parabólica e o equipamento electrónico), cun máximo de 600 euros por cliente. Iso situaba a capacidade real en torno aos 60 mil aboados, pero a cifra actual non chega nin á cuarta parte. Os outros 40 millóns reservábanse para a creación dunha plataforma de comercialización.
A execución do plan quedou condicionada por unha combinación de problemas. A adxudicación a Hispasat como provedor maiorista (cun servizo de 100 Mbps por 35 euros ao mes) supuña que a demanda fose impulsada por unha rede de comercializadores e instaladores. Porén, a empresa chamada a actuar como principal tractora, Eurona, entrou en concurso de acredores e non resolveu a súa situación ata 2025, un atraso decisivo segundo as fontes consultadas.
A isto engadiuse a pouca implicación de Telefónica, que apenas representou menos do 10 % das altas. En moitas áreas, a operadora optou por promocionar alternativas propias de fibra ou de 5G rural, aínda que non sempre estivesen dispoñibles no momento da contratación e obrigasen a agardar meses ou mesmo anos. Segundo diversos distribuidores, o programa facía pouco rendible o esforzo comercial: cada alta deixáballes menos de 80 euros de marxe.
O contexto competitivo tamén xogou en contra. Starlink, a constelación de satélites de órbita baixa de SpaceX, irrompeu no mercado español con prezos agresivos e tecnoloxías con menor latencia ca a solución de Hispasat. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?