Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: John Giannandrea anuncia a súa retirada de Apple
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

John Giannandrea anuncia a súa retirada de Apple

Redacción
Publicado: 01/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple-wwdc24-john-giannandrea-240610.jpgApple anunciou unha profunda reestruturación na súa división de intelixencia artificial tras confirmarse que John Giannandrea, vicepresidente sénior de Machine Learning e Estratexia de IA, deixará o cargo e pasará a exercer como asesor antes de retirarse na primavera de 2026. A compañía tamén confirmou a incorporación do investigador Amar Subramanya como novo vicepresidente de IA, quen dependerá directamente de Craig Federighi.
A chegada de Subramanya, tras un breve paso por Microsoft e cunha longa traxectoria previa en Google, supón un reforzo decisivo na estratexia dos Apple Foundation Models, na investigación en aprendizaxe automática e nas áreas de seguridade e avaliación de IA. O resto das funcións que ata agora dependían de Giannandrea pasarán a integrarse baixo a responsabilidade de Sabih Khan e Eddy Cue, coa intención de achegar estas actividades a organizacións de perfil similar dentro da empresa.
Dende a súa incorporación en 2018 procedente de Google, Giannandrea tivo un papel determinante na definición da estratexia de IA de Apple, aínda que a nivel de produto este camiño foi considerado infrutuoso, polo que este mesmo ano tivo que ceder parte das súas responsabilidades a Mike Rockwell. Liderou o desenvolvemento de tecnoloxías clave e consolidou un equipo responsable dos Apple Foundation Models, da busca e xestión do coñecemento, da investigación en aprendizaxe automática e da infraestrutura de IA.
Subramanya chega cunha ampla experiencia tanto na investigación como na integración destas tecnoloxías en produtos de consumo. En Microsoft exerceu como vicepresidente corporativo de IA apenas 5 meses e, antes diso, pasou 16 anos en Google, onde foi responsable de enxeñaría do asistente Gemini.
Tim Cook, CEO de Apple, agradeceu o labor desenvolvido por Giannandrea e salientou a importancia da súa achega: «Estamos agradecidos polo papel que John desempeñou na construción e no avance do noso traballo en IA, axudando a que Apple siga innovando e mellorando a vida dos nosos usuarios». Sobre a incorporación de Subramanya, Cook subliñou: «A IA leva moito tempo no centro da estratexia de Apple, e agradécenos dar a benvida a Amar ao equipo de Craig e incorporar a súa extraordinaria experiencia en IA». Ademais, lembrou o papel de Federighi na evolución da compañía neste ámbito, incluído o desenvolvemento dunha Siri máis personalizada prevista para o vindeiro ano.
Con esta remodelación, Apple busca acelerar o ritmo de innovación e reforzar o seu compromiso cunha IA máis persoal, fiable e orientada ao usuario. A marcha progresiva de Giannandrea, a maior responsabilidade de Federighi e a experiencia técnica de Subramanya conforman, segundo a compañía, a base dun novo capítulo na estratexia de intelixencia artificial de Apple.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?