Apple nomea un novo responsable para dotar a Siri de IA
xoves, 20 de marzo do 2025
O anuncio de que en abril Apple Intelligence non se integrarÃa finalmente en Siri, senón que as funcións máis agardadas da intelixencia artificial de Apple quedaban adiadas até 2026, deixou en evidencia que a compañÃa da mazá mentira descaradamente na presentación da WWDC de xuño de 2024 ao presentar funcionalidades dos seus sistemas operativo que aÃnda estaban na fase de concepto, e que chegaron a protagonizar anuncios de televisión do iPhone 16, no que agora queda claro que se tratou de publicidade enganosa.
Tal situación levou a que un dos analistas máis reputados especializados en Apple, John Gruber, publicase un artigo incendiario titulado Algo cheira a podre no Estado de Cupertino, no que afirma rotundamente que Apple vendeu fume e ao facerse público ese feito danou gravemente a súa credibilidade.
Gruber tamén insinuaba que, aÃnda que a presentación das funcionalidades de Apple Intelligence recaeu en Craig Federighi, a responsabilidade real parecÃa estar noutro dos vicepresidentes da compañÃa, John Giannandrea, e, en último termo, en Tim Cook, pois nalgún momento decidiron presentar e promocionar funcionalidades de Apple Intelligence que aÃnda hoxe non saben cando estarán dispoñibles.
As crÃticas de Gruber, normalmente pouco crÃtico con Apple, levaron a que practicamente toda a prensa especializada atacase duramente á compañÃa da mazá, creando todo un terremoto que, segundo vén de publicar Bloomberg, terÃa levado a que Tim Cook perdese a confianza en Giannandrea, polo que as funcións de Siri pasarán a ser responsabilidade de Mike Rockwell, considerado o creador das Apple Vision Pro.
Rockwell terá que responder ante Craig Federighi, o que dá a entender que o directivo que tivo que dar a cara nas presentacións de Apple Intelligence non confiaba realmente no que se veu forzado a dicir, e prefire ter que defender publicamente proxectos nos que teña unha responsabilidade directa.
Estes cambios de dirección están a acontecer nuns dÃas nos que Siri está a presentar serios problemas de funcionamento, sendo incapaz de responder a preguntas tan básicas como a data actual, polo que cada vez é máis habitual escoitar voces que o mellor que poderÃa facer Apple é considerar a Siri como un produto amortizado e crear un asistente totalmente novo, cambiando incluso a súa marca para desfacerse da mala sona actual de Siri.