Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marathon OS quere recuperar a filosofía de BlackBerry
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marathon OS quere recuperar a filosofía de BlackBerry

Redacción
Publicado: 01/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oneplus_6_marathon_os.jpgMarathon OS chega como unha proposta singular no panorama da mobilidade. Inspirado na experiencia de BlackBerry 10, o sistema operativo aposta por recuperar a fluidez da navegación por xestos e a produtividade integrada, pero adaptadas ao contexto actual. O proxecto, liderado polo desenvolvedor Patrick J. Quinn, constrúese sobre PostmarketOS e emprega un compositor Wayland escrito en Qt6, o que lle permite executar aplicacións nativas de Linux, apps propias empaquetadas en formato .marathon e, nun futuro próximo, software Android grazas a un fork de Waydroid.
A interface é o corazón da proposta. Marathon OS integra un Hub unificado para xestionar mensaxes, correos e notificacións sen cambiar de aplicación, e introduce Active Frames, pequenas ventás interactivas que mostran información en tempo real desde a pantalla principal. A navegación por xestos, xa presente en BB10, reaparece aquí cunha implementación optimizada: deslizar cara arriba abre o lanzador de apps, cara abaixo activa os axustes rápidos e cara a un lateral dá acceso ao Hub.
O sistema está deseñado para funcionar con fluidez en hardware veterano. Probouse con éxito en dispositivos como o OnePlus 6 (smartphone lanzado en 2018, polo que Marathon OS podería ser un bo xeito de reciclar vellos dispositivos), mantendo 60 fotogramas por segundo, e xa se prepara a súa chegada a modelos como o OnePlus 6T e o POCO F1. A filosofía é clara: ofrecer unha experiencia moderna mesmo en terminais con máis dunha década de vida útil.
Marathon OS tamén inclúe un ecosistema propio de aplicacións, desde navegador e calendario ata tenda e terminal, todas desenvolvidas en QML co sistema de deseño MarathonUI. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?