Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno somete a consulta pública un decreto para reforzar a seguridade das telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

O Goberno somete a consulta pública un decreto para reforzar a seguridade das telecomunicacións

Redacción
Publicado: 02/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

im-genes-ndp-resiliencia1.jpgO Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública abriu ata o 8 de xaneiro o proceso de audiencia pública do borrador do Real Decreto de Seguridade e Resiliencia das Redes e Servizos de Comunicacións Electrónicas e Infraestruturas Dixitais. A iniciativa busca establecer un marco xurídico completo e actualizado que permita reducir o impacto dos incidentes de seguridade sobre os usuarios e garantir a recuperación das comunicacións no menor tempo posible.
O texto considera as redes e servizos de telecomunicacións, así como determinadas infraestruturas dixitais, instalacións de carácter esencial en situacións de emerxencia. Isto implica que, ante unha crise, todas as autoridades e corpos de seguridade deberán colaborar para asegurar a súa continuidade ou restablecemento.
Entre as obrigas previstas, os operadores deberán presentar un Plan Xeral de Seguridade acompañado de plans específicos por tipo de rede, servizo e incidente. Estes documentos incluirán medidas de autonomía eléctrica: as infraestruturas de primeiro nivel deberán garantir a operatividade durante 24 horas en caso de corte de subministración, as de nivel intermedio durante 12 horas e o resto durante catro horas, mantendo a cobertura do 85 % da poboación no caso das redes móbiles.
O decreto tamén reforza as obrigas de notificación de incidentes. Establécese que os operadores comuniquen un suceso nun prazo máximo dunha hora desde o seu inicio, con actualizacións periódicas, unha notificación final e un informe detallado que recolla causas, impacto e medidas adoptadas. Ademais, defínense criterios para clasificar os incidentes como significativos ou menores segundo o número de usuarios afectados, a duración, a área xeográfica e o tipo de servizo.
O borrador pon especial atención na continuidade das comunicacións de emerxencia, como as que se canalizan a través do número 112 e os sistemas de alertas públicas. Tanto os centros de emerxencia como os operadores que lles dan soporte deberán elaborar e presentar os seus propios plans de seguridade.
A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais será a autoridade competente para supervisar o cumprimento das obrigas e coordinarse con organismos nacionais, autonómicos e entidades europeas e internacionais. O texto prevé, ademais, a creación dunha Mesa de Coordinación de Seguridade e Resiliencia, que servirá como foro de debate e permitirá a realización de simulacros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?