Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG publica na Rede novos estudos sobre as orixes dos topónimos Zas, Padrón e Pontecesures
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG publica na Rede novos estudos sobre as orixes dos topónimos Zas, Padrón e Pontecesures

S. P.
Publicado: 16/12/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

rag_toponimia_pontecesures_zas_padron.jpgA colección Terra Nomeada segue a medrar con dous novos volumes dedicados a Zas, Padrón e Pontecesures asinados por dous destacados especialistas en toponimia do país. O académico correspondente Xosé María Lema Suárez é o responsable das páxinas sobre os nomes das parroquias e aldeas do concello da Terra de Soneira, e Fernando Cabeza Quiles, colaborador do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, é o autor do libro centrado nos dous municipios que separa o río Ulla. Ambas as achegas, editadas na colección que a Real Academia Galega mantén coa colaboración da­ Asociación Galega de Onomástica (AgoN), contan ademais cunha edición dixital xa dispoñible na sección de publicacións da web da RAG, academia.gal.
Xosé María Lema debuta en Terra Nomeada cun libro dedicado a un dos municipios que linda co seu Vimianzo natal, protagonista tamén dalgunha das súa contribucións á serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde. En Toponimia de Zas, publicado co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Zas, o estudoso afonda nas distintas propostas sobre a orixe e o significado dun total de 147 nomes: os de todas as súas parroquias e aldeas, o do propio do concello, e tamén outros como Soneira, que designa e comarca histórica da que forma parte Zas; e Xallas, o río que toca a zona sur do municipio, antiga xurisdición señorial á cal pertenceron dúas parroquias e comarca natural. Lema incorpora igualmente un documentado estudo do nome do río que vertebra as augas da Terra de Soneira, o río do Porto, desde a década de 1960 impropiamente denominado río Grande, advirte. Pretende así contribuír —explica— a que se lle restitúa o nome histórico, que maioritariamente se lle viña dando, polo menos desde 1764, ano en que o intelectual ilustrado José Cornide mesmo o cita co nome en galego.
Sobre o nome de Zas, Xosé María Lema Suárez indica que, malia darse por certa ata hai pouco a hipótese de que procedía do xermánico sala (pazo, residencia principal), adecuada para o melidense Zas de Rei, a documentación medieval demostra que “non pode ter a mesma orixe”. Asume así a hipótese de Martínez Lema de que a orixe do topónimo soneirán está no acusativo salĭce do fitónimo latino salīx (salgueiro), que deu lugar no galego medieval ás formas Saaz / Saz e Saas / Sas. Estas grafías mantivéronse no castelán dos séculos XVI, XVII e o primeiro terzo do XVIII. Canto ao paso de Saz ao actual Zas, que aparece xa no Castastro de Ensenada (1753), o académico correspondente aposta pola ultracorrección do seseo. “Hoxe en día aínda se lle escoita pronunciar Sas á xente de máis idade”, lembra.
O cuarto volume de Cabeza Quiles na colección
Toponimia de Padrón e Pontecesures é a nova achega de Fernando Cabeza Quiles á colección, un volume editado co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O filólogo, socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns e membro da AGoN, publicou anteriormente como parte de Terra Nomeada outros tres libros centrados nos topónimos da Estrada (2018), Carballo (2020), e Ribeira (2022). Desta volta, no caso de Padrón detense nos arredor de cen nomes que designan as súas entidades de poboación, así como os dos montes Castro Valente, O Lapido e Meda, e mais os ríos O Vello e Sar. Na parte de Pontecesures, analiza os nomes da súa única parroquia, Requeixo, e dos seus lugares, e mais os que identifican os montes Galiñeiro e Monte de Porto.
O nome da vila de Padrón, continuación medieval da contigua cidade romana de Iria Flavia, provén do latín petrōne, derivado de pĕtra (pedra). Cabeza Quiles apunta que esta voz refírese á coñecida ara votiva de época romana dedicada a Neptuno que hoxe se conserva baixo o altar da igrexa parroquial, e que “debeu ser custeada no seu día polo foro iriense para pedir protección ao deus romano das augas para os navegantes e mariñeiros que saían e entraban do outrora importante porto marítimo-fluvial da cidade”. “A alteración da vogal etimolóxica da sílaba inicial e no actual a é habitual na toponimia galega, onde se repite noutros topónimos Padrón, Padróns”, aclara.
Canto ao topónimo Pontecesures, este naceu en 1925, ano da constitución do concello ao se segregar do municipio de Valga. En orixe a denominación foi Cesures, que aparece na documentación medieval, na fala local e en 1881, ano no que o rei Afonso XII lle dá o título de vila á entidade urbana de “(San Luis de) Cesures”. “Provén, segundo pensamos, da palabra latina caesura (corte), derivada do tempo supino do verbo caedere (cortar), e nomea a gran fenda no terreo, costa ou desnivel sobre o que se asentou o primixenio Cesures, hoxe grosso modo a aldea de San Xulián, alias Requeixo, cuxo apertado e costento casarío descende, pola cortadura orográfica, dende o lugar do Castro ata a capela de San Xulián de Requeixo, o antigo e xenuíno nome da parroquia que será recuperado no próximo Nomenclátor de Galicia, despois de constar como San Xulián de Pontecesures ata o ano 2003”, detalla o experto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?