Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo laboratorio CESGA-AtlanTTiC promoverá unha plataforma experimental de computación cuántica óptica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O novo laboratorio CESGA-AtlanTTiC promoverá unha plataforma experimental de computación cuántica óptica

Redacción
Publicado: 15/01/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20260115sinaturacesgaatlanttic3.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron hoxe un acordo entre o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e o AtlanTTic (Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación) para a creación dun laboratorio compartido especializado en computación cuántica óptica, cun investimento de 2,4 millóns de euros. Román Rodríguez cualificou esta colaboración como “un feito relevante que permite dotar a nosa I+G+i dunha infraestrutura deste nivel grazas ao traballo conxunto de dous centros de referencia nos seus ámbitos”.
O novo laboratorio, que se ubicará no VQCC (Vigo Quantum Communication Center), dependente do AtlanTTic e que levará o nome de Quantum Optical Computing Lab, centrarase no desenvolvemento dun procesador cuántico. Isto permitirá que Galicia se incorpore plenamente á carreira polo deseño deste tipo de tecnoloxías. O convenio contempla a dotación de persoal investigador, equipamento e infraestruturas técnicas, cun modelo de gobernanza compartido entre as institucións tanto no plano operativo como no científico.
20260115sinaturacesgaatlanttic1.jpgO AtlanTTic achegará a súa experiencia en distintos eidos, mentres que o CESGA contribuirá coas súas capacidades en infraestruturas computacionais avanzadas e soporte tecnolóxico especializado. En concreto, os recursos do CESGA estarán cofinanciados a través do PERTE Chip e de fondos propios da Consellería de Ciencia, mentres que a Universidade de Vigo aportará recursos propios e asumirá a consolidación e a sustentabilidade operativa do laboratorio, concibido cunha duración inicial de catro anos prorrogable.
Durante o acto, no que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o conselleiro salientou que esta colaboración supón unha “aposta decidida pola investigación de fronteira, a que explora os límites do coñecemento, e polas tecnoloxías cuánticas como motor de desenvolvemento económico”. Tamén participaron o director científico do CESGA, Lois Orosa, e o director do AtlanTTic, Martín Llamas.
Román Rodríguez subliñou que se trata de “liñas punteiras de investigación que serán clave nos próximos anos para dar respostas innovadoras aos retos actuais”, ao tempo que contribúen a consolidar o CESGA como infraestrutura científica de referencia e a reforzar a proxección internacional da I+G+i e de Galicia como polo de tecnoloxías cuánticas e territorio de ciencia e innovación. Este ámbito figura, ademais, entre as prioridades do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

Contidos
  • Liñas de investigación e aplicacións
  • Convenio coa USC

Liñas de investigación e aplicacións

20260115sinaturacesgaatlantic4.jpgO Quantum Optical Computing Lab non supón a primeira colaboración entre o CESGA e o VQCC. A finais de 2025 xa se acadara un fito destacado en ciberseguridade coa posta en marcha da liña de comunicación cuántica máis longa de España, con 120 quilómetros de lonxitude, entre Santiago e Vigo.
A nova iniciativa nace co obxectivo de cubrir unha liña específica de investigación en computación cuántica óptica como plataforma experimental, consolidándose como infraestrutura singular da I+G+i galega. O laboratorio concíbese como un espazo aberto á colaboración con investigadores externos mediante protocolos comúns, integrado academicamente na Universidade de Vigo e formando parte, ao mesmo tempo, da infraestrutura científica do CESGA.
O desenvolvemento deste sistema de computación cuántica óptica permitiría resolver problemas complexos de optimización con maior rapidez e cun menor consumo enerxético ca os procesadores clásicos. O procesador poderá acelerar diversos algoritmos de intelixencia artificial e terá aplicacións en ámbitos como o deseño de materiais, a loxística, a planificación sanitaria ou a bioinformática, facilitando solucións a retos como a optimización de rutas, a creación de calendarios eficientes, o deseño de novos materiais ou a xestión de carteiras de investimento.
Así mesmo, o Quantum Optical Computing Lab contribuirá a situar Galicia dentro da plataforma experimental da futura Fábrica europea de intelixencia artificial, polas súas sinerxías e pola capacidade para executar algoritmos de IA de forma máis eficiente, reforzando a investigación en infraestruturas de computación de vangarda e a soberanía tecnolóxica.

Convenio coa USC

No marco desta mesma liña de traballo, o CESGA asinou tamén este mércores un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para crear un laboratorio mixto no IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías). Este espazo, denominado IGFAE-CESGA Quantum Computing Lab, estará especializado en tecnoloxías cuánticas aplicadas á física de partículas e nuclear e contará cun investimento de 2,2 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?