Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bioflytech lidera un proxecto europeo para aplicar IA na cría de mosca soldado negra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bioflytech lidera un proxecto europeo para aplicar IA na cría de mosca soldado negra

S. P.
Publicado: 19/01/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

farina_de_mosca_soldado_itg.jpgA empresa biotecnolóxica Bioflytech, a través do seu filial Alfaprogal (Alternative Fats and Proteins of Galicia), lidera un proxecto europeo de I+D+i para desenvolver un sistema intelixente de precisión que optimice a cría industrial de larvas de mosca soldado negra (Hermetia illucens). Permitirá expor en Galicia “un novo modelo de gandería estratéxica, alternativa á tradicional, máis respectuosa co medio e tecnolóxica, que ademais fomenta a economía circular”, destaca a firma de Palas de Rei.
Bioflytech engade que esta iniciativa “situará á comunidade nunha posición preferente para liderar a produción europea dunha nova xeración de proteínas e graxas de alta calidade, así como de biofertilizantes derivados de mosca soldado negra, con aplicacións en sectores relacionados coa nutrición animal -acuicultura, pet food, avicultura e o porcino-, o cosmético e o farmacéutico, cun gran potencial de negocio, de crecemento e xeración de emprego e riqueza”, segundo explica Jesús Rodríguez, director executivo (CEO) de Bioflytech.
O proxecto, de colaboración público-privada e denominado IAPSI (Intelixencia Artificial e Automatización Aplicadas a Produtos Sostibles de Alto Valor Engadido a partir de Insectos), busca mellorar a eficiencia, a sustentabilidade e a rastrexabilidade do proceso de cría desta especie, a través da aplicación dun algoritmo IA que controle e module, de forma centralizada, a alimentación e a xestión ambiental das larvas.
O obxectivo é crear un sistema automatizado, intelixente e con posibilidade de ser adaptado a diferentes contornas e demandas, que mellore o rendemento e a pegada ambiental da produción. Para iso, introduciranse tecnoloxías avanzadas como a computación cuántica, a Internet das Cousas, a automatización ou a intelixencia artificial.
Así, utilizaranse sistemas de sensórica e rastrexabilidade que permitan monitorar, en tempo real, todas as variables do proceso.
Amais, aplicaranse tecnoloxías de visión artificial e procesamento de imaxe para a detección e análise do estado do cultivo, así como algoritmos de IA e sistemas automatizados para optimizar a alimentación, a rega e o control ambiental das granxas. Ademais, introduciranse modelos preditivos, ferramentas dixitais e estratexias de eficiencia enerxética e de recursos para reducir a pegada hídrica e de carbono.
Innovación e investigación made in Galicia
Para levalo a cabo, Bioflytech contará con dous socios de referencia, o centro tecnolóxico ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) e a Universidade da Coruña (UDC), a través dos grupos de investigación de Enxeñería da auga e do medio ambiente (GEAMA) e do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), que integran o consorcio do proxecto.
Bioflytech achegará a contorna industrial onde se realizarán as probas do sistema, as instalacións produtivas coas que a compañía conta en Palas de Rei (Lugo), cunha capacidade de produción anual de 12.000 toneladas de larva mosca soldado negra, mentres que o ITG será o provedor tecnolóxico desta iniciativa, proporcionando a súa ampla experiencia en solucións industriais de visión artificial e tecnoloxías cuánticas.
Pola súa banda, a UDC encargarase dos ensaios e análises ambientais, así como da validación científica do proxecto, que ten un prazo de execución de dous anos e un orzamento de máis de 3,6 millóns de euros.
“Cando pensamos en Galicia, imaxinamos gandería ou acuicultura tradicional. Este proxecto lévanos a imaxinar unha granxa totalmente nova, tecnolóxica e cunha pegada ambiental mínima,” explica Luís Pena, membro do equipo de investigación da UDC, xunto con Alberto Alvarellos, Juan José Galán e Jerónimo Puertas.
IAPSI conta co apoio do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e da Axencia Estatal de Investigación, e está co-financiado pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER.
“O éxito deste financiamento é crucial. Asegura os recursos para transformar a investigación nunha solución industrial real e sostible”, subliñan desde a UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?