Levamos un tempo podendo gozar de tendas alternativas de aplicacións para iOS dentro da Unión Europea, pero estas non están a ser precisamente un éxito, e a meirande parte dos usuarios nin sequera sabe da súa existencia ou non se atreven a instalalas ante os atrancos para facer tal, de aí que Setapp Mobile, que chegou ao iPhone en setembro de 2024, e agora anuncian que esta tenda de aplicacións mediante subscrición dirá adeus o vindeiro 16 de febreiro.
SetApp é un popular servizo de subscrición que achega aos seus usuarios un catálogo moi atractivo de aplicacións para Mac (como CleanMyMac, CleanShot X, Paste, Bartender, Nitro PDF Pro ou Spark Mail), e quixeron explorar a posibilidade de trasladar este modelo de negocio a aplicacións para o móbil, cun resultado que non resultou satisfactorio, considerando que a tenda alternativa de aplicacións dispoñible na Unión Europea non resulta economicamente viable, polo que deciden baixar o portón da tenda, mentres confirman que seguen a explorar novas posibilidade da intelixencia artificial no escritorio informático.
Setapp pecha a súa tenda de aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo

