Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha campaña promocional dá visibilidade ao I+D+i galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Unha campaña promocional dá visibilidade ao I+D+i galego

Redacción
Publicado: 02/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

notaprensa_igi_detalle_vertical.jpgA Xunta de Galicia está a pór en marcha unha ampla campaña de promoción co propósito de dar visibilidade ao talento dos profesionais dedicados á I+G+i, así como á ciencia e á innovación que se desenvolven en Galicia e á competitividade do ecosistema que as sustenta. Trátase dunha liña prioritaria na acción do Goberno autonómico nun ámbito que nos últimos anos vén gañando peso tanto desde o punto de vista orzamentario como en proxección e recoñecemento internacional, consolidándose como sinal de identidade da Galicia Calidade.
A campaña difundirase a través de medios de comunicación en distintos soportes, ademais de redes sociais e accións na rúa. Estará protagonizada por cinco profesionais que sobresaen polo labor que realizan en materia de I+D+i na Comunidade. Proceden de sectores diversos como a biotecnoloxía, o software científico, a farmacoloxía, as tecnoloxías da información e a comunicación, a conectividade, a intelixencia artificial e a ciberseguridade, a electrónica ou a ciencia de polímeros.
Os participantes desenvolven o seu traballo en distintos tipos de entidades que conforman o ecosistema da I+G+i, tanto no ámbito universitario e nos centros de investigación da Rede CIGUS como en centros tecnolóxicos, na investigación empresarial ou no impulso de spin-off de base científica.
Con esta iniciativa, que se realiza por segundo ano consecutivo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volve reafirmar a súa aposta por un eido clave para o progreso social e a competitividade económica de Galicia. A campaña está aliñada co Plan galego de investigación e innovación 25-27, dotado con máis de 1.300 millóns de euros, que prioriza a captación e retención de talento investigador e a transferencia de coñecemento ao mercado, especialmente en áreas estratéxicas como a biotecnoloxía, as tecnoloxías profundas (cuánticas e intelixencia artificial) e as enerxías limpas.

Participantes destacados

Un dos protagonistas Luis Pérez, quen participa como representante dos centros tecnolóxicos. É director executivo de Gradiant, con sede en Vigo, especializado en tecnoloxías da información e a comunicación, conectividade, intelixencia artificial e seguridade. Estes centros desempeñan un papel clave na I+G+i polo seu carácter transversal e pola súa relación constante co tecido produtivo. Doutor en Telecomunicación pola Universidade de Vigo, orientou a súa investigación ás marcas de auga, a seguridade e o procesamento multimedia, e incorporouse a Gradiant en 2009 para impulsar unha nova área estratéxica.
Tamén forma parte da campaña o investigador Jaime Martín, que desenvolve a súa actividade científica no CITENI da Universidade da Coruña, no Campus de Ferrol. Trátase dun científico captado pola Xunta procedente doutra comunidade autónoma. En 2022 obtivo unha axuda do Consello Europeo de Investigación, das máis prestixiosas no ámbito da I+D+i en Europa, para impulsar o proxecto Paracryst. A súa incorporación a Galicia produciuse a través do programa Oportunius da Consellería de Ciencia. A súa investigación céntrase na estrutura dos polímeros semicondutores, o que permitirá avances na electrónica orgánica orientados ao desenvolvemento de células solares máis estables e eficientes.
Completa o elenco de perfil tecnolóxico Pablo Álvarez, que representa a investigación empresarial. É director do Centro de Investigación Empresarial Mestrelab, de recente creación e apoiado pola Xunta, centrado no software científico. Con 25 anos de experiencia, Álvarez é tamén presidente do hub europeo de innovación dixital EDIH DATAlife, fundador e xeral partner do fondo Bio&Tech Capital e impulsor da Fundación T.END, orientada á erradicación da tuberculose a nivel mundial.


Vídeo da nova campaña promocional do I+D+i galego

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?