Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pavel Durov (Telegram) oponse ás medidas lexislativas para o ámbito dixital que prepara o Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pavel Durov (Telegram) oponse ás medidas lexislativas para o ámbito dixital que prepara o Goberno

Redacción
Publicado: 04/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telegram_duvov_sanchez.jpgPavel Durov, fundador e máximo responsable de Telegram, lanzou unha dura mensaxe dirixida aos usuarios da súa plataforma en relación coas iniciativas lexislativas que prepara o Goberno de España no ámbito dixital. Segundo o empresario ruso, as medidas anunciadas polo Executivo de Pedro Sánchez supoñen unha ameaza directa para a liberdade de expresión e a privacidade na Internet, ao avanzar, ao seu xuízo, cara a un modelo de control e vixilancia dos usuarios baixo o argumento da protección cidadá.
Na súa comunicación, Durov alerta de que a proposta de prohibir o acceso ás redes sociais a menores de 16 anos, acompañada dunha verificación de idade obrigatoria, non se limita á protección da infancia. Na súa opinión, a esixencia de mecanismos como o DNI ou datos biométricos sentaría un precedente perigoso, ao facilitar o rastrexo da identidade de todos os usuarios e erosionar o anonimato na rede. O fundador de Telegram considera que o que comeza como unha medida focalizada podería estenderse no futuro ao conxunto da poboación.
Outro dos puntos que critica é a introdución de responsabilidade persoal e penal para os directivos das plataformas dixitais se non eliminan con rapidez contidos considerados ilegais, odiosos ou prexudiciais. Durov sostén que esta presión legal levaría á sobrecensura preventiva, coa eliminación de calquera mensaxe controvertida para evitar sancións, o que afectaría directamente ao xornalismo, á disidencia política e ao debate público.
A mensaxe tamén pon o foco na posible criminalización da amplificación algorítmica de determinados contidos. Segundo Durov, permitir que os gobernos determinen que información pode ser promovida ou ocultada suporía a desaparición da exploración libre de ideas, substituída por contidos filtrados e controlados polo poder político. Nesta mesma liña, advirte sobre a obriga das plataformas de monitorizar e informar sobre a chamada pegada de odio e polarización, un concepto que cualifica de vago e susceptible de empregarse para cualificar críticas ao goberno como discursos divisivos.
Durov conclúe que estas iniciativas non son auténticas salvagardas, senón pasos cara a un control máis estrito do ecosistema dixital. Fronte a isto, reivindica o compromiso de Telegram coa privacidade e a liberdade dos usuarios, baseado no cifrado forte e na ausencia de portas traseiras, e chama á cidadanía española a manterse vixiante, esixir transparencia e defender os seus dereitos.
Cómpre salientar que a propia mensaxe de Durov non parece o mellor xeito de reivindicar un menor control para as plataformas como Telegram, pois estamos ante un envío abusivo dunha comunicación con intencións políticas, que incluso podería vulnerar a lexislación en materia de protección de datos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?