Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os monólogos R regresan a Vigo e á Coruña con In-Certo de Oswaldo Digón e Love está no aire de David Amor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os monólogos R regresan a Vigo e á Coruña con In-Certo de Oswaldo Digón e Love está no aire de David Amor

S. P.
Publicado: 05/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

monologos_r_vigo_digon_amor.jpgOs monólogos R de 2026 celebran a súa 18ª edición coas historias de dous dos monologuistas máis populares de Galicia: o lugués Oswaldo Digón e o pontevedrés David Amor. Ambos os humoristas chegan o venres 6 ao Auditorio Mar de Vigo e o día 13 a PALEXCO, na Coruña, cos seus relatos e anécdotas sobre as inquedanzas dos nosos días, o tsunami tecnolóxico, as loias da Internet (as fake news), a grella televisiva ou historias cotiás nun aeroporto.
O pano dos monólogos R alzarase de novo este venres 6 ás 21:00 h no espazo vigués co evento máis reclamado da operadora galega de telecomunicacións: un espectáculo que, dende hai 18 anos, conducido por actores e actrices moi populares, fixo rir a milleiros de persoas das catro provincias galegas. Os monólogos R ofrecerán de novo humor “do país”, desta volta con Digón e Amor, dous narradores orais de traxectoria moi destacada no panorama do humor en Galicia.
En In-Certo, Oswaldo Digón conversará co público e deterase nesas “cousiñas pequenas que todas e todos afrontamos nun día calquera”. En concreto, falará con humor, liberdade e unha posta en escena moi coidada do espírito da nosa época: o tsunami da tecnoloxía que chega de súpeto, as noticias falsas e os boatos (fake news), as nosas preocupacións cotiás, etc.
Pola súa banda, o pontevedrés David Amor segue facendo honra ao seu apelido artístico e regresa a Vigo con Love está no aire, con historias reais do humorista (non inventadas) e deténdose nunha das súas últimas paixóns: os aeroportos. Por iso preguntarase, entre outras cousas, por que a xente pasa sede mentres espera a chegada do seu voo. Tamén fará un percorrido pola grella televisiva sen tocar o mando e explicará os motivos polos cales
monologos_r_amor_digon_coruna.jpgApós recalaren en Vigo, Digón e Amor levarán os seus espectáculos ao auditorio do PALEXCO, na Coruña, o vindeiro 13 de febreiro, onde as/os asistentes poderán divertirse tamén a partir das 21:00 h coas ocorrencias de ambos os dous actores galegos no marco dos monólogos R.
A capacidade é limitada e para acudir é preciso contar con algún dos convites de R para clientes/as ou cos conseguidos nos concursos das redes sociais.
Os monólogos R organízanse, xa na orixe, pensando especialmente nos/as clientes/as do operador galego cun formato definido (relato dunha única persoa en voz alta) que R leva escollendo dende 2008. “É unha aposta polo talento do país, polo enxeño e polo humor, unha das maneiras máis rápidas e eficaces de acurtar distancias entre as persoas”, explica a firma galega de telecomunicacións.
Ata agora, en formato presencial, preto de 53.500 persoas asistiron aos monólogos R, con espectáculos non só nas sete principais cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol), senón tamén noutras moitas localidades da comunidade, como Viveiro, Vilalba, Ordes, Xinzo da Limia, Sarria, O Carballiño, Carballo, Ribadeo, Verín, Lalín, A Estrada, Melide, Noia, Allariz, As Pontes de García Rodríguez, O Barco de Valdeorras, Ponteceso (O Couto), Porriño, Cee, Boiro… Ata unha trintena de concellos visitados.
Todo iso, con talento galego: polos monólogos R pasaron actores, humoristas e monologuistas do territorio tan populares coma Isi, Rober Bodegas, Marcos Pereiro, Federico Pérez (Fede), Javier Veiga, Víctor Grande, David Perdomo, Marita Martínez, Celso Sanmartín, Lucía Veiga, Marta Doviro, Carlos Blanco, Pepo Suevos, Xosé A. Touriñán, David Amor e Oswaldo Digón (os dous últimos na presente edición e en anteriores).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?