Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta quere que as súas lentes integren recoñecemento facial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta quere que as súas lentes integren recoñecemento facial

Redacción
Publicado: 13/02/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

womanwearingmentralive.jpgThe New York Times asegura que Meta prepara o regreso dunha tecnoloxía que abandonara hai cinco anos por motivos éticos e legais: o recoñecemento facial. Segundo o medio norteamericano, a compañía de Mark Zuckerberg estuda integrar esta función nas súas lentes conectadas desenvolvidas xunto a EssilorLuxottica, propietaria de marcas como Ray-Ban e Oakley.
A nova función, coñecida internamente como Name Tag (o que pode lembrarnos a un proxecto semellante que levaba ese mesmo nome), permitiría aos usuarios identificar persoas ao seu redor e obter información sobre elas a través do asistente de IA de Meta. A compañía leva máis dun ano avaliando como lanzar esta prestación, consciente dos “riscos de seguridade e privacidade” que implica, segundo un documento interno citado polo xornal estadounidense.
Nun memorando interno, Meta sinalaba ademais que o contexto político nos EE.UU. podería favorecer a estrea da función, ao distraer a atención das organizacións civís críticas coa tecnoloxía. A empresa non confirmou oficialmente o lanzamento, pero recoñeceu que estuda “con coidado” distintas opcións antes de introducir cambios deste tipo.

Contidos
  • Unha tecnoloxía con antecedentes controvertidos
  • Cara a lentes con super detección
  • Accesibilidade e legalidade

Unha tecnoloxía con antecedentes controvertidos

Meta xa empregara recoñecemento facial na súa etapa como Facebook para etiquetar automaticamente persoas en fotografías. A función foi desactivada en 2021 tras anos de críticas e demandas xudiciais. A compañía chegou a pagar preto de 2.000 millóns de dólares para pechar litixios en Illinois e Texas pola recollida de datos biométricos sen consentimento, e 5.000 millóns adicionais nun acordo coa Comisión Federal de Comercio (FTC) por vulneración da privacidade.
O posible regreso desta tecnoloxía ás lentes conectadas reabre un debate que nunca chegou a pecharse. Organizacións como a American Civil Liberties Union advertiron de que o recoñecemento facial en espazos públicos supón unha ameaza directa ao anonimato práctico da cidadanía e é susceptible de abusos tanto por parte de gobernos como de empresas.
Algunhas cidades e estados dos EE.UU. xa limitaron ou prohibiron o uso policial desta tecnoloxía debido ás dúbidas sobre a súa precisión e ao seu potencial discriminatorio. Tamén cómpre lembrar que na Unión Europea e en moitos outros territorios, empregar tecnoloxía de recoñecemento facial masivo por parte de persoas e empresas está claramente prohibido, e só está permitida en contextos moi específicos e principalmente por parte de forzas de seguridade.
Para Meta, o recoñecemento facial podería converterse nun elemento diferencial fronte á competencia e reforzar a utilidade do asistente incorporado ás lentes. A empresa analiza diferentes escenarios de aplicación: desde identificar contactos xa vinculados ao usuario nas súas plataformas ata recoñecer persoas con perfís públicos en servizos como Instagram. En principio, non se trataría dunha ferramenta universal para identificar calquera persoa na rúa.

Cara a lentes con super detección

431774848_7409690689098639_38590.jpgEn paralelo, Meta traballa nunha xeración máis avanzada de lentes, coñecidas internamente como super sensing, que integrarían cámaras e sensores activos de maneira continua para rexistrar o día a día do usuario. O recoñecemento facial sería unha peza clave neste sistema, por exemplo para lembrar tarefas ao detectar a presenza dun compañeiro de traballo.
Un dos debates internos céntrase en como sinalar que as cámaras están en funcionamento. As actuais lentes incorporan un pequeno LED branco que indica cando se está gravando, pero a compañía analiza se ese mecanismo é suficiente nun modelo con captura continua de información.

Accesibilidade e legalidade

Meta defende que a tecnoloxía tamén pode ter aplicacións positivas, especialmente para persoas cegas ou con baixa visión. A empresa colaborou con entidades como Be My Eyes para explorar usos orientados á accesibilidade, como o recoñecemento de rostros familiares que facilite a interacción social.
Con todo, a revisión interna dos riscos de privacidade xerou tensións dentro da propia compañía. En 2025, Meta relaxou os seus procesos de avaliación de impacto en privacidade, o que levou a algúns empregados a cuestionar se a empresa seguía cumprindo estritamente o acordo alcanzado coa FTC. Segundo unha gravación interna citada polo xornal, responsables de avaliación de riscos advertiron de que os cambios poderían “levar ao límite” ese compromiso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?