Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova liña de axudas por valor de tres millóns de euros para I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Nova liña de axudas por valor de tres millóns de euros para I+D+i

Redacción
Publicado: 25/03/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20260325convocatoriacienciaempresa.jpgA Xunta de Galicia reforza o apoio ás pequenas e medianas empresas no seu desenvolvemento en materia de I+G+i mediante o novo programa Ciencia-Empresa, dotado con 3 millóns de euros, presentado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nun acto no que tamén participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
O responsable autonómico explicou que esta convocatoria, incluída como novidade no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, dá resposta a unha demanda das pemes detectada durante a elaboración do Plan galego de I+D+i: contar cunha liña específica para financiar proxectos de investigación e desenvolvemento adaptados ás súas características. Trátase, segundo indicou, dunha ferramenta para apoiar as empresas nas súas investigacións e reducir o risco propio destas fases da I+D+i.
Tal e como detallou, a convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a iniciativas de calquera ámbito temático, aínda que prioriza sectores considerados estratéxicos para o futuro económico, como a biotecnoloxía, as tecnoloxías profundas (entre elas a intelixencia artificial e as tecnoloxías cuánticas) e as enerxías limpas, en consonancia coa estratexia europea.
As pemes con actividade en Galicia poderán optar a estas axudas para proxectos individuais de investigación industrial ou desenvolvemento experimental que se executen entre 2026 e 2028. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de abril.
A intensidade das subvencións situarase entre o 40 e o 75 %, cun máximo de 375.000 euros por proxecto, en función do tamaño da empresa e da tipoloxía da iniciativa. A liña está financiada con fondos europeos do programa Galicia Feder 2021-2027 e contempla anticipos de ata o 80 % da axuda concedida, co obxectivo de reducir a incerteza asociada aos procesos de I+D e fomentar a posta en marcha deste tipo de proxectos.
O programa Ciencia-Empresa busca impulsar a I+G+i e mellorar a capacidade de Galicia para transformar coñecemento en valor económico, apoiando a investigación desenvolvida no tecido empresarial e promovendo resultados tanxibles. Ademais, pretende favorecer a creación de emprego cualificado e a retención e captación de talento.
Galicia acumula 11 anos consecutivos de crecemento no investimento en I+D, cun máximo histórico en 2024 de 1.058 millóns de euros (un 10 % máis que o ano anterior), por riba da media estatal. Este incremento está vinculado en boa medida ao investimento empresarial, que tamén marcou récord cun volume de 510 millóns de euros. Con todo, o peso das empresas no conxunto do investimento segue por debaixo dos niveis estatal e europeo, polo que esta convocatoria busca reforzar a participación do sector privado e estimular novos proxectos de I+D empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?