Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: esLibre26 leva o software libre ao rural e reúne en Melide preto de 200 asistentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

esLibre26 leva o software libre ao rural e reúne en Melide preto de 200 asistentes

Redacción
Publicado: 20/04/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

eslibre26_melide_fac7cf5b-7956-44d7-a864-2070a33dea77.jpgO congreso estatal esLibre26 pechou en Melide tras dúas xornadas de actividade que reuniron preto de 200 asistentes, consolidando unha comunidade activa arredor do software libre, a tecnoloxía aberta e o coñecemento compartido. O encontro, que nesta edición se trasladou ao rural galego, puxo o foco tanto nos contidos técnicos como na dimensión social e comunitaria destas prácticas.
A cita arrancou cunha primeira xornada centrada na educación, a accesibilidade e o papel do software libre nas institucións públicas. Máis dun cento de persoas participaron nun programa que incluíu unha ducia de charlas e varios talleres orientados ao intercambio de coñecemento. Iniciativas como eXeLearning ou propostas baseadas en plataformas abertas con intelixencia artificial abordaron novas formas de creación e difusión de contidos formativos, mentres que o debate arredor dos Recursos Educativos Abertos puxo de relevo o seu potencial para democratizar o acceso á aprendizaxe.
eslibre26_melide_img_20260417.jpg A irrupción da intelixencia artificial no ámbito educativo foi tamén un dos temas destacados, con proxectos internacionais que analizaron os retos derivados da súa incorporación ás aulas e a necesidade de repensar os modelos pedagóxicos desde unha perspectiva aberta. A accesibilidade, pola súa banda, foi tratada como un dereito fundamental, destacando o papel do software libre como ferramenta para garantir o acceso universal á tecnoloxía.
No plano institucional, exemplos como a implantación de LibreOffice en administracións públicas evidenciaron o potencial destas solucións para reforzar a soberanía tecnolóxica e a independencia das entidades. Ademais, o encontro acolleu a XIII Xornada de Usuarios de R en Galicia, reforzando a conexión entre o ámbito científico e o ecosistema do software libre.
eslibre26_melide_img_6589.jpg A segunda xornada ampliou o foco cara á soberanía dixital e as infraestruturas abertas, con propostas que exploraron a relación entre xornalismo e intelixencia artificial, así como os desafíos éticos e tecnolóxicos dos modelos de linguaxe ou da IA autoaloxable. Xunto a estes contidos, tiveron presenza iniciativas de intercooperación, ciberactivismo e economía social, así como cuestións vinculadas á transición enerxética, o autoconsumo ou a protección de datos.
O programa técnico completouse con talleres e relatorios sobre programación, desenvolvemento web, creación musical, produción audiovisual e electrónica, evidenciando a diversidade e madurez do ecosistema do software libre.
eslibre26_melide_img_e51cb99fd801-5.jpg Máis aló das sesións formais, esLibre26 destacou polo seu carácter comunitario e pola integración co territorio. A inauguración contou coa participación da gandeira e creadora de contido Lucía Casal, que reivindicou o valor do rural como espazo para desenvolver proxectos e comunidade, nun acto que incluíu tamén música tradicional local. Ao longo dos dous días organizáronse actividades paralelas como rutas guiadas, exposicións ou encontros informais, reforzando os vínculos entre tecnoloxía, cultura e identidade local.
Desde a organización subliñouse o papel clave do voluntariado e da comunidade local, así como a relevancia de levar un evento destas características fóra das grandes cidades. «É un orgullo traer esLibre a Melide», sinalou Rafael Gaioso (organizador do congreso e membro de MeLiSA), destacando que a resposta do público e o ambiente xerado consolidan o encontro como un punto de referencia no ámbito do software libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?