Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CSS á carta: unha charla participativa para entender os efectos visuais desde dentro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

CSS á carta: unha charla participativa para entender os efectos visuais desde dentro

Redacción
Publicado: 21/04/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

css_maxico.jpgA Coruña acollerá o vindeiro xoves 23 de abril unha nova sesión centrada no desenvolvemento frontend baixo o título CSS (non tan) magic á carta, unha proposta que pretende analizar os efectos visuais en CSS desde unha perspectiva técnica e comprensible.
A charla, que se celebrará ás 19:30 horas no espazo WekCo (Novo Mesoiro, nº 2 baixo), estará conducida por Alberto García Ariza, quen propón un formato participativo no que o público terá un papel activo. Os asistentes poderán suxerir exemplos reais de efectos visuais que serán analizados en directo, descompoñendo o seu funcionamento, os principios que os sustentan e as técnicas necesarias para reproducilos.
A sesión, organizada por WordPress Coruña, busca afastarse da percepción do CSS como unha ferramenta opaca ou baseada en trucos, apostando por unha explicación aplicada e razoada do seu comportamento. Está orientada tanto a profesionais con experiencia como a persoas que se están a iniciar no ámbito do frontend.
Tras a actividade, está previsto un encontro informal de networking acompañado de petiscos e bebidas.

Perfil do relator

alberto_garcia_ariza.jpg Alberto García Ariza conta cunha traxectoria que combina formación en Belas Artes e un doutoramento en Deseño, cunha tese centrada no código como práctica creativa. Ao longo de máis de vinte anos desenvolveu diferentes roles no ámbito dixital, desde deseñador ata desenvolvedor web, cunha especialización progresiva no frontend.
Durante unha década exerceu como docente na Facultade de Belas Artes, centrado no creative coding, e na actualidade continúa ligado á formación en diversos posgraos, onde imparte materias como UX, HTML e CSS. Ademais, participou como relator en eventos de referencia como OFFF.
Desde 2021 traballa como Frontend Engineer en Cognizant Netcentric, onde tamén destaca como referente interno no ámbito do CSS, contribuíndo á súa evolución e boas prácticas dentro da comunidade técnica da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?