Volve Inside The Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS, centro da USC centrado nas infinitas posibilidades das tecnoloxías e sistemas intelixentes, perante o mundo da empresa e a administración.
Ao longo desta xornada (dirixida principalmente a empresas e outras organizacións) atoparás unha selección de tecnoloxías en avanzado estado de desenvolvemento, listas para ser transferidas á industria e á sociedade.
O evento realizase nas instalacións do centro de xeito presencial en Santiago de Compostela o vindeiro martes 14 de xullo de 2026 entre as 10:00 e as 14:00 e, segundo informou o CiTIUS, precisa inscrición previa (en liña a través da web do CiTIUS). A visita completa dura aproximadamente dúas horas e pode realizarse en horario libre dentro do período de apertura.
A axenda inclúe un completo programa de demostracións tecnolóxicas, algunhas das cales xa podemos ir coñecendo a través da web de Inside The Lab. Proxectos como Intelixencia Artificial aprendendo das persoas en Realidade Virtual; PISTIS (un asistente conversacional digno de confianza); Xogamos (incorporando modelos de visión-linguaxe cunha aproximación lúdica para a estimulación cognitiva); as ferramentas AffeX 2.0 e CogniGames para o benestar emocional e cognitivo das persoas; o proxecto iRead4Skills (análise intelixente da complexidade dos textos); o proxecto Manipulación industrial de obxectos deformables con colaboración persoa-robot; Alimentación sen fíos por láser dun sensor LiDAR; un Sistema de orientación con brazo robótico e receptor móbil para a transmisión sen fíos de enerxía; WatchTowers (rastrexo, procura e análise automática da web e das redes sociais), VL3D++ (intelixencia artificial para o procesamento de nubes de puntos 3D); o proxecto Realidade Virtual e Analítica de Datos para a Rehabilitación Cardíaca Personalizada; GARA (achegando a computación de proteínas a usuarios non expertos); energHius (chips para nodos sensores ultrapequenos e sen baterías); e SITUM (mapeo, intelixencia espacial e dixitalización operativa para as empresas).
O 14 de xullo o CiTIUS será un gran escaparate de tecnoloxías punteiras cunha nova xornada de Inside The Lab
Compartir Este Artigo
