A Deputación de Pontevedra acolle o próximo mes de agosto na Aula CeMIT un obradoiro para a dixitalización das persoas maiores de 60 anos. A actividade terá lugar no dito espazo de formación tecnolóxica os días 6,7, 13 e 14 de agosto e as persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta poden xa formalizar a súa inscrición en liña.
A través deste curso de verán, organizado en colaboración con Amigos de Galicia, as persoas maiores de 60 anos obterán formación dixital básica. Ao detalle, aprenderán a empregar diferentes ferramentas como o caixeiro automático, a máquina de quendas, o teléfono móbil e smartphone, a realizar trámites en liña pero tamén a utilizar a aplicación móbil do SERGAS ou a chave 365.
En total, ofértanse 20 prazas desta acción formativa na que tamén se capacitará ás persoas participantes en cuestións como o emprego de motores para as procuras en Internet, recursos, navegadores e outras utilidades. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 12:30 horas na Aula CeMIT situada no Edificio Administrativo da Deputación.
A Deputación de Pontevedra acolle en agosto un obradoiro para a dixitalización de persoas maiores
Compartir Este Artigo
