
Telefónica reforzará as telecomunicacións en Ribadavia, con motivo da nova edición da Festa da Istoria, e máis en Boimorto, co gallo do Festival da Luz.
En Ribadavia farao cunha unidade móbil e actuacións de parametrización avanzada a súa rede 5G en Ribadavia a partir de mañá e ata o próximo día 30 para garantir a cobertura móbil de datos e voz durante a Festa da Istoria, que recibe cada ano a miles de turistas na localidade.
A unidade móbil que se despregará en Ribadavia con 5G de altas prestacións permitirá aumentar de forma temporal a capacidade e a velocidade de transmisión de datos, mellorando así a experiencia do usuario e garantindo a conectividade durante o festival.
En Boimorto reforzará cunha unidade móbil e actuacións de parametrización avanzada a súa rede 5G local a partir de mañá e ata o próximo día 31 de agosto para, tamén, “garantir a cobertura móbil de datos e voz durante o Festival da Luz, que recibe cada ano a miles de afeccionados á música na localidade”.
Da mesma maneira que no caso de Ribadavia, a unidade móbil que se despregará en Boimorto con 5G de altas prestacións “permitirá aumentar de forma temporal a capacidade e a velocidade de transmisión de datos, mellorando así a experiencia do usuario e garantindo a conectividade durante o festival”, informou Telefónica.
Estas medidas enmárcanse dentro do Plan Verán activado pola compañía para responder coa máxima calidade do servizo á alta demanda rexistrada nos eventos musicais, culturais e gastronómicos especialmente multitudinarios que se celebran en Galicia durante a época estival e que supoñen un aumento significativo do tráfico de voz e datos polo seu gran interese turístico.
Manuel Ángel Alonso, director do Territorio Norte de Telefónica España, destaca: “Telefónica asume o reto indiscutible de converterse na mellor vía de acceso dos cidadáns ás tecnoloxías dixitais. Contamos coa mellor rede para ofrecer máis e mellores servizos alí onde os nosos clientes máis o necesitan, especialmente en momentos de máxima concentración turística como é este período estival”.
Ademais de en Ribadavia e en Boimorto, Telefónica mellorará a capacidade da súa rede móbil noutros 7 eventos que se desenvolveron ou desenvolveranse en diversas localidades da provincia de Ourense, entre os que se atopan a Romaría de Vos Milagros, en Baños do Molgas, a Festa do Polbo, de Carballiño ou a Festa do Pemento, de Arnoia.
No conxunto de Galicia, o plan estival da operadora inclúe o reforzo da cobertura nun total de 74 grandes que se van celebrar ata setembro en diversos puntos da xeografía galega. Tamén actuacións de optimización nas infraestruturas xa existentes, ademais de novos despregamentos no litoral -na Coruña, Arteixo, Ferrol, Pontevedra e Sanxenxo-.

