
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza no marco da Rede Eusumo un curso sobre a ferramenta SCADA (siglas en inglés de Supervisory Control and Data Acquisition), unha aplicación informática deseñada para controlar, supervisar e analizar procesos industriais a distancia en tempo real.
O curso SCADA.- software de supervisión, control e adquisición de datos nos procesos industriais de cooperativas agroalimentarias celebrarase do 14 ao 18 de setembro en modalidade en liña, con horario de 9.00 a 14.00 horas. Terá 25 horas de duración e será impartido polo docente Santiago Castro Domínguez
O obxectivo é botar luz sobre SCADA, poñendo o foco nas vantaxes de contarmos cun sistema de monitoraxe, cuxa función é controlar a produción con sistemas de arquitectura aberta, capaces de medrar e adaptarse ás necesidades cambiantes da fabricación.
SCADA complementa e coordina os dispositivos físicos que controlan as máquinas, operando como un cerebro central que se comunica con eles para que os operarios poidan ver e dirixir toda a planta dende unha pantalla.

