
A Fundación Cibervoluntarios, ONG española pioneira no voluntariado tecnolóxico que traballa dende o ano 2001 para eliminar a fenda dixital (e cuxa misión principal é axudar a todas as persoas, especialmente ás que se atopan en situación de vulnerabilidade, a comprender e utilizar a tecnoloxía para mellorar a súa vida diaria), compartiu a súa axenda de actividades prevista para este mes de setembro na xeografía galega. Haberá xornadas presenciais de formación tecnolóxica en Fene, Oleiros, Oza-Cesuras e A Coruña.
- Expertclick: Ferramentas de lecer creativo, comunicación, trámites de xestión administrativa e compras seguras. Desenvolverase en Fene en formato presencial, o 14 de setembro ás 17.00 horas.
- A desinformación e a intelixencia artificial: fake news e deep fakes co Concello de Oleiros. Levarase a cabo en Oleiros en formato presencial, o 15 de setembro ás 20.00 horas.
- Expertclick: Ferramentas de lecer creativo, comunicación, trámites de xestión administrativa e compras seguras. Esta actividade formativa levarase a cabo en Oza-Cesuras en modalidade presencial, o 21 de setembro ás 10.00 horas.
- Xornada VolunTIC Galicia en Centro Cívico Cidade Vella. Trátase dunha xornada de traballo programada para A Coruña, en formato presencial, o 24 de setembro ás 16.00 horas.
Quen precise máis información sobre estas actividades ou solicitar máis información pode pórse en contacto coa fundación por correo electrónico.
Cibervoluntarios en Galicia
En Galicia, a Fundación Cibervoluntarios mantén unha actividade constante e moi enraizada no territorio a través de alianzas coa Xunta de Galicia, concellos e entidades locais. As súas accións actuais céntranse principalmente en tres grandes eixes: encontros de voluntariado tecnolóxico (a fundación organiza de xeito periódico os encontros presenciais VolunTIC en Galicia, citas que serven para compartir experiencias, debater estratexias para seguir reducindo a fenda dixital e captar novas persoas dispostas a impartir formacións nas catro provincias), cursos e obradoiros dixitais (co deseño continuo de talleres adaptados ás necesidades de diferentes colectivos da comunidade) e máis o programa Eu Conecto (Yo Conecto), con formación presencial gratuíta en competencias dixitais básicas directamente nos barrios e vilas, “facilitando que calquera persoa poida aprender ao seu ritmo e sen complicacións”.

