
O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, presentou esta semana as novas actividades formativas da Aula CeMIT local. Trátase de dous novos cursos, un preparatorio ComDix iniciación de 156 horas e outro de LibreOffice iniciación, de 120 horas.
O edil explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 8 de setembro na Aula CeMIT de Xuvia e rematarán o 3 de novembro.
A acción formativa Preparatoria ComDix iniciación impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: coñecementos da contorna dixital, como ter a información dixital sempre a man (buscar, seleccionar e gardar), que tipos de tecnoloxías dixitais están ao noso alcance, como participar na sociedade dixital, como crear contidos dixitais e como atopar o benestar dixital. As inscricións poden realizarse a en liña.
No caso do curso sobre LibreOffice iniciación, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, cos seguintes módulos: introdución ao entorno de traballo, uso do teclado e xestión de arquivos; LibreOffice Writer (procesador de textos); LibreOffice Calc (follas de cálculo) e LibreOffice Impress (presentacións). As inscricións tamén están abertas.
En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas.

