
A Aula CeMIT do Concello da Guarda xa ten abertas as inscricións para os novos cursos gratuítos de informática que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro.
A programación inclúe propostas adaptadas tanto para persoas adultas como para nenos e nenas, co obxectivo de “facilitar a aprendizaxe e o manexo das novas tecnoloxías”, informou o Concello.
No caso das persoas adultas, a oferta inclúe un curso sobre manexo do ordenador, Internet e edición de texto, que se impartirá os martes e xoves, de 11:00 a 13:00 horas.
O paquete formativo tamén inclúe un curso de manexo de teléfonos móbiles smartphone, os venres de 11:30 a 13:00 horas.
Para o público infantil, a Aula CeMIT contará con diferentes propostas formativas pensadas para achegar a informática aos máis pequenos dun xeito práctico e ameno. Os cursos abordarán contidos como informática básica e divertida, Internet segura, edición de texto e outras actividades.
As actividades dirixidas á cativada desenvolveranse de luns a venres, con diferentes horarios para facilitar a conciliación das familias:
- Luns: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas.
- Martes: de 16:00 a 17:30 horas.
- Mércores: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas.
- Xoves: de 16:00 a 17:30 horas.
- Venres: de 16:00 a 17:30 horas.
Os cursos desenvolveranse do 5 de outubro ao 18 de decembro e teñen carácter gratuíto.

